
> VOCEIRAS
Voceiras busca crear una comunidade arredor do TRC Danza que axude a difundir, dentro dos seus propios entornos, a programación de artes do movemento que se impulsa dende o Teatro Rosalía de Castro.
Esta iniciativa busca colaborar con persoas interesadas na danza de calquer ámbito (profesional, amateur, educativo, ocio) que poidan trasladar ás persoas que teñen ao seu alcance as distintas actividades programadas no TRC Danza, co obxectivo de achegarnos, dunha forma o máis cercana posible, a distintos públicos potenciais.
A comunidade Voceiras terá un contacto directo co equipo de Programación Expandida, participando de forma activa nas propostas do teatro e desfrutando de convites para asistir á programación do TRC Danza.
Se che interesa esta iniciativa ou queres ter máis información, podes cubrir o formulario e o equipo de Programación Expandida poñerase en contacto contigo.









