top of page
Coa estrea de <Alma (non é hippie)> do Colectivo Verticalia abrimos o TRCDanza 2019 por todo o alto. Porque a súa é unha proposta de altura construída a partir dun elemento principal: unha corda que colga do ceo dun teatro. Danza, verticalidade e poesía.
As catro mulleres creadoras que vemos en escena, por unha banda Marta Alonso e Paula Quintas do Colectivo Traspediante e, polo outro lado, Raquel Oitavén e Mertxe Solé da compañía Duelirium, suman forzas baixo o nome de Colectivo Verticalia e contan, para esta primeira colaboración, coa dirección de Rolando San Martín e o apoio de Pistacatro.
Unha proposta de danza vertical para comezar marzo voando e dar o pistoletazo de saída ás artistas e propostas convidadas da tempada de primavera.


>>>>>>>>>>>> VERTICALIA >>>>>>>>>>> ALMA (NON É HIPPIE)
Estrea absoluta
dirección e dramaturxia >> ROLANDO SAN MARTÍN I intérpretes >> MARTA ALONSO, RAQUEL OITAVÉN, PAULA QUINTA & MERTXE SOLÉ I produción e distribución >> BELÉN BRANDIDO I iluminación >> FIDEL VÁZQUEZ I vestiario >> FANY BELLO I músicas >> NEFASTO (JUDAS DIZ) E OUTROS I axudantía de dirección >> MARÍA JOSÉ SANTIAGO GARDE
bottom of page