<Carmen.Maquia> é unha versión contemporánea do clásico de Merimée que mantén íntegro o seu argumento. Esta obra para 13 intérpretes foi cualificada por Chicago Sun como obra mestra e é unha peza de referencia que outras compañías, como Ballet Hispánico (Nova York) ou Ballet Met (Columbus), inclúen no seu repertorio.
Para crear <Carmen.Maquia> reúnense tres creadores: Gustavo Ramírez na dirección e creación coreográfica, o deseñador de roupa David Delfín, nun dos seus últimos traballos para danza, e Luís Crespo como escenógrafo habitual de Titoyaya Dansa.
Dúas obras de Picasso en relación á Carmen de Meriimée serven de inspiración para a escenografía minimalista e para a elegancia e sobriedade que se deixa ver no vestiario ideado por David Delfín: Carmen 1949 e Lle Carmen deas Carmen de 1964. Este traballo en branco e negro está moi presente na escena e defínea de principio a fin.
<Carmen.Maquia> foi publicada en formato blu-ray por Naxos USA, no programa Lincoln Center at the movies, cunha gravación en vivo realizada por Ballet Hispánico en Mesa Arts Center de Arizona e dispoñible para a súa distribución a nivel mundial. Titoyaya Dansa súmase ao longo percorrido desta peza coa súa particular versión a cargo do coreógrafo Gustavo Ramírez e a directora Verónica García Moscardó.


>>>>>>>>>> TITOYAYA DANSA >>>>>>>>>>>>> CARMEN.MAQUIA
+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA
Próximamente máis información
VENRES 15 DE NOVEMBRO ÁS 20.30 H
NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
coreografía >> GUSTAVO RAMÍREZ SANSANO I director >> GUSTAVO RAMÍREZ SANSANO & VERÓNICA GARCÍA MOSCARDÓ I intérpretes >> DIANA HUERTAS CEGARRA, ESAÚL LLOPIS, ITXASAI MEDIAVILLA, JESSICA MARTÍN KOLONIAR, JOZSEF FORRO, JULIA CAMBRA, JULIETTE JEAN, JURE GOSTINCAR, MARIE PASTORELLI, MELANIE LÓPEZ, MELODÍA GARCÍA, MICHELLE SCAPPA & SALVADOR ROCHER I escenografía >> LUIS CRESPO I vestiario >> DAVID DELFÍN I música >> CARMEN SUITE DE G. BIZET & FANTASÍA CARMEN OP. 25 DE P. SARASATE I iluminación >> JUAN CARLOS SANJUAN & PEDRO HURTADO I rexiduría >> YOLANDA GARCÍA