top of page

En <Dancing with frogs>, a coreógrafa Sol Picó cuestiona e analiza o mundo da masculinidade, esa outra metade, o complemento biolóxico do feminino. Que é o masculino sen o feminino? Hai límites entre eles? Como vive, sente, acciona, sofre, se relaciona co mundo, o home do século XXI? É igual que sempre ou algo cambiou? Como debe ser un home? Que hai que facer para ser un?

 

Rodeada dun marabilloso grupo de intérpretes e artistas colaboradores, Sol Picó constrúe esta peza bailando con sapos, lumbersexuais, neomacarras, metrosexuais e andróxinos, nunha aventura aceda, sucia, vándala e traxicómica ao máis puro estilo da compañía da coreógrafa valenciana.

 

A súa compañía, con sede en Barcelona dende fai máis de 25 anos, é unha referencia da historia da danza en España con méritos como o Premio Nacional de Danza en 2016 ou o Premio Ciutat de Barcelona en 2014, entre outros.

www.solpico.com

SolPico1.jpg
Datas2019_TRC_web9.png

>>>>>>>>>>>>>>>>> SOL PICÓ >> DANCING WITH FROGS

+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA

VENRES 25 DE OUTUBRO ÁS 20.30 H NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

> compra a túa entrada

> Documental "De rodillas corazón" de Susanna Barranco

o mércores 23 de outubro no baixo cuberta do teatro

 

> Práctica de movemento "Enerxía e Potencia"

 o xoves 24 de outubro no conservatorio de danza

> Coloquio post-función coas integrantes da compañía

ao remate da función!

dirección >> SOL PICÓ  I  asistente de coreografía >> CARLOS FERNÁNDEZ  I  intérpretes >> ANTONI COMAS, ALÍAS TORRECILLAS, GUILLERMO WEICKERT, JUNYI SUN, PERE JOU, ROBER GÓMEZ & VALENTÍ ROCAMORA  I  colaboración na dramaturxia >> MARTA GALÁN  I  música orixinal >> PERE JOU (excepto "Haka de ANTONI COMAS)  I  escultura en escena >> NICO NUBIOLA  I  coordinación técnica e escenografía >> JOAN MANRIQUE  I  vestiario >> VALERIA CIVIL  I  deseño de iluminación >> CUBE.ZB  I  son >> STÉPHANE CARTEAUX  I  produción >> PIA MAZUELA & NÚRIA AGUILÓ

colaboradores >> MERCAT DE LES FLORS & FESTIVAL TEMPORADA ALTA 2017

VEN > 1 MARZO

VERTICALIA

> ALMA (NON É HIPPIE)

bottom of page