top of page

Poliana Lima

Las cosas se mueven pero no dicen nada

venres 6 de maio > 20.30h

<LAS COSAS SE MUEVEN PERO NO DICEN NADA> é unha peza de danza sobre a permanencia e a insistencia. Un elenco de oito mulleres na escena que compoñen, sen moverse do sitio, unha coreografía e un espazo sonoro co seu movemento e o son dos seus corpos. A peza evoca os procesos de transformación e repetición da natureza.

Oito corpos que non se desprazan, que se enraízan nunha posición única; unha poética de corpos que resiste en pé, que permanece; un corpo colectivo de mulleres que presenta a súa resiliencia ancestral como forma de estar no mundo.

Poliana Lima é unha creadora afincada en Madrid pero orixinaria de Brasil. O seu traballo é amplamente recoñecido a nivel estatal e internacional, o que a leva a colaborar con institucións como o Fringe Edinbugh Festival, Spring Forward Aerowaves, Mercat de les Flors, Dansa València, Festival New Baltic Dance, La Ventana de La Danza (Madrid en Danza) ou Theatre Korzo, entre outros. Entre 2018 e 2020 é artista asociada de Conde Duque Madrid. A docencia forma unha parte imprescindible da súa traxectoria, realizando diversas formacións en colaboración con institucións e centros formativos en España, Europa e América Latina.

Créditos

idea, coreografía e dirección >> POLIANA LIMA I asistente de coreografía >> LUCAS CONDRÓ I deseño de luces >> CARLOS MARQUERIE I deseño de son >> ARNE BOCK I deseñadora de vestiario >> ANAÏS ZEBROWSKI I asistente de vestiario >> DIEGO CARRASCO PULIDO I audiovisuais >> ÁLVARO GÓMEZ PIDAL & ALEXIS DELGADO BÚRDALO | performers >> CLÁUDIA BOSCH, LAURA CARDONA, ADA CONTINENTE, NATALIA FERNANDES, CRIS MANSO, DANIELLE MESQUITA, CLARA PAMPYN, ALMUDENA PÉREZ | prensa >> CULTPROJECT | produción >> ISABELLA LIMA | coordinación técnica >> CRISTINA BOLÍVAR | co-produción >> TEATROS DEL CANAL, TEATRO MUNICIPAL DO PORTO / DDD - FESTIVAL DIAS DA DANÇA, CND/PANTIN & POROSUS FONDS DE DOTATION.

Expandida relacionada

Coloquio con Poliana Lima
> venres 6 de maio ao finalizar a función no patio de butacas do Teatro Rosalía Castro

AccionesExpandidas_PE202214.png

Limitación e duración
Unha práctica de movemento con Poliana Lima

Nesta práctica coa coreógrafa Poliana Lima exploraremos dous dos puntos esenciais na creación da peza <LAS COSAS SE MUEVEN PERO NO DICEN NADA>: a limitación e a duración como motor coreográfico. A partir dunha breve introdución a estes dous conceptos, pasaremos a experimentalos físicamente a través de exercicios centrados na mobilidade da columna vertebral, achegándonos ao seu universo creativo.

> xoves 5 de maio de 19 a 21 horas no escenario do Teatro Rosalía de Castro.

> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.

> inscricións abertas dende o 20 de abril.

AccionesExpandidas_PE202214.png

bottom of page