top of page

Oasis Paraíso | Maria R. Soares

Void Void Void

xoves 12 de maio > 20.30h

Un ano máis, a nosa cita con Residencias Paraíso danos a oportunidade de achegarnos á unha nova investigación artística construída no marco do programa de residencias artísticas do Colectivo RPM, que conta coa colaboración dende 2017 do Teatro Rosalía Castro.

Nesta ocasión, as portas do teatro ábrense para acoller o proceso de creación de <VOID VOID VOID>, da portuguesa María R. Soares, unha tentativa de crear unha paisaxe cósmica onde a acción física e a acción sonora son traballadas e abordadas no mesmo campo creativo, procesual e metodolóxico. O proxecto -aínda en proceso- preséntase en formato performance, onde se pensa, se observa e se actúa no espazo, considerando sempre a súa dimensión sonora e física, as súas variacións e extensións, a velocidade na que se transforma e evoluciona, mais, tamén, aquilo que podería ser e non é: o espazo imaxinario.

Unha oportunidade para achegarnos a unha investigación en proceso e coñecer máis a fondo o traballo artístico de María R. Soares, bailarina e performer, e de Antonio Marotta, músico. Xuntos, baléiranse para ocupar o espazo, construíndo un espectáculo a través da amplificación e do rexistro, en tempo real, dos sons que habitan o espazo performativo (xa existentes ou provocados) e facendo a coreografía do xesto evolucionar en torno a esa paisaxe sónica.

María R. Soares é bailarina e creadora portugesa. Da súa formación destaca a Formación Avanzada en Interpretación e Creación Coreográfica da Compañía Instável (Porto) que frecuentou como bolseira, e tamén o programa profesional de danza contemporánea Art Factory International (Boloña). É mestra en Teoría da Literatura e Literaturas Lusófonas pola Universidade do Miño. En 2021 crea, xuntamente con Carminda Soares, a peza <IT’S A LONG YESTERDAY>, que conta coa coprodución do Teatro Municipal do Porto e da Compañía Instável. Foi artista asociada do Visións Útiles durante 2019 / 2020.

Créditos

dirección artística >> MARÍA R. SOARES I creación e interpretación >> ANTONIO MAROTTA & MARÍA R. SOARES I coproducen >> COMPANHIA INSTÁVEL & TEATRO MUNICIPAL DO PORTO I apoio á residencia >> COMPANHIA INESTÁVEL, CENTRO MUSIBÉRIA & CRL - CENTRAL ELÉTRICA

Expandida relacionada

Coloquio con Maria R. Soares
> xoves 12 de maio ao finalizar a función no patio de butacas do Teatro Rosalía Castro

AccionesExpandidas_PE202214.png

AccionesExpandidas_PE202214.png

bottom of page