
Javier Martín
Figuras do limiar
venres 16 de setembro > 20.30h
Na era aceleracionista, os corpos están cheos de velocidade residual: unha inercia que suspende o desexo, fragmenta e extrae a nosa atención. Entender agora quere dicir practicar o ritmo, porque non estamos feitos para saber, senón para actuar coma se soubésemos.
En <FIGURAS DO LIMIAR>, Javier Martín inspírase no arquetipo do “gardián do limiar”. Un limiar referido ao tránsito, concepto característico de ritos e ceremonias de paso, presentes en multitude de culturas dende tempos ancestrais.
“É necesario vestir as peles das bestas, habitar as máscaras, vibrar coa forma do monstro e incorporar a diferenza”.
<FIGURAS DO LIMIAR> é unha proposta escénica do coreógrafo coruñés Javier Martín, coproducida polo Centro Coreográfico Galego. A iluminación está a cargo de Octavio Más e a produción e o acompañamento a cargo de Sabela Mendoza, dúas colaboradoras e compañeiras de viaxe habituais do artista. Javier desenvolve un proxecto de investigación -de corte epistemóloxico e crítico- en torno ás artes do movemento e conta cunha extensa traxectoria como creador escénico con pegada estatal e internacional.
Créditos
concepto e movemento >> JAVIER MARTÍN I iluminación >> OCTAVIO MÁS I espazo e deseños >> JAVIER MARTÍN I son >> ABUL MOGARD, PHILIP JECK & LEYLAND KIRBY I produción e acompañamento >> SABELA MENDOZA I técnica visuais >> JUANMA LODO I vestiario >> CREMALLERA STUDIO, ÁLVARO M. LEIRO & CCG | vídeo e foto >> LEO LÓPEZ | co-produción >> JAVIER MARTÍN & CCG / CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO | agradecementos >> PEP RAMIS, L’ANIMAL A L’ESQUENA, JAVIER CUEVAS & JUANMA ARTIGOT
Expandida relacionada
Coloquio con Javier Martín
> venres 16 de setembro ao finalizar a función no patio de butacas do Teatro Rosalía Castro
(des)vestir as figuras
Un encontro arredor do vestiario de Figuras do Limiar de Javier Martín
> xoves 15 de setembro de 19 a 21 horas en Cremallera Studio
Coloquio sobre a creación do vestiario e os artefactos da coreografía de <FIGURAS DO LIMIAR> de Javier Martín, no atelier da cidade onde se elaboraron parte dos mesmos.
O proxecto inspírase nalgunhas das figuras espectrais do patrimonio cultural galego que poderían ocupar o arquetipo do gardián do limiar, dende a Santa Compaña ata os moitos personaxes do entroido, como o Peliqueiro, o Felo, a Pantalla...
Participan os deseñadores Manolo Cremallera e Marieta González, produtores de moitos dos tocados e artefactos da obra, o artesán e cesteiro Álvaro M. Leiro, quen elaborou a coroza con xunco que se baila no espectáculo, Pilar Peña de Castro, do Centro Coreográfico Galego, que coproduce e cede diferentes mantóns dos seus fondos, a xestora cultural Sabela Mendoza e Javier Martín, creador da peza.
xoves 15 de setembro de 19 a 21 horas en Cremallera Studio.
> a actividade é gratuíta con prazas limitadas.
> inscricións abertas dende o 1 de setembro.