top of page

Hermanas Gestring

A muerte

sábado 29 de outubro > 20.30 h

A muerte como lema.
A muerte como forma de vida.
Así cremos que ten que ser unha obra, así ten que ser representada: a muerte.

<A MUERTE> é unha explosión de situacións. A peza plásmase coma un vómito, como un xogo macabro onde o descanso ou a dúbida non valen, morres.

Greta García e Laura Morales son dende 2013 as Hermanas Gestring. Fillas do século XXI, a ironía, a espontaneidade, a macarrería e o cambio constante forman parte intrínseca da súa identidade. Son artistas multidisciplinares que presentan os seus traballos en formato videocreación, performance, concertos ou danza mesturada con outras disciplinas artísticas.

Créditos

creación e dirección >> HERMANAS GESTRING & DAVID CLIMENT I deseño de iluminación >> BENITO JIMÉNEZ I acompañamento creativo >> CAROLINA CEBRINO I música >> LCC, MOPA, DIEGO CARO & LORENZO SORIA (INDUSTRIAS94) I atrezzo >> MIGUEL DÍAZ I asistencia dramática >> VERÓNICA MORALES I vestiario >> ANNA JONSSON & INGRID GARCÍA I fotografía >> CHARO CORRALES & CAROLINA CEBRINO I proxeccións >> DIEGO CARO I proxecto en colaboración con >> TANZHAUS - ZURICH e L’ESTRUCH, FÁBRICA DE CREACIÓN EN SABADELL I agradecementos >> A TODAS/OS MECENAS QUE COLABORARON NO NOSO CROWDFUNDING E QUE FIXERON POSIBLE ESTE PROXECTO

Expandida relacionada

Coloquio con Hermanas Gestring
> sábado 29 de outubro ao finalizar a función no patio de butacas do Teatro Rosalía Castro

AccionesExpandidas_PE202214.png

Corpo, voz e corazón
Unha práctica de música e movemento coas Hermanas Gestring
> venres 28 de outubro de 17.30 a 19.30 horas no Centro Ágora

“Como Hermanas Gestring sempre usamos o lema a muerte para enfrontarnos a todas as nosas propostas e sempre nos empodera para adentrarnos no mundo do descoñecido con toda a confianza e o sentido do humor. Desde esta premisa presentamos a práctica. A través de pautas, xogaremos coa improvisación e co traballo coreográfico. Usando o noso corpo, a voz e o corazón, buscaremos o pracer de ir a muerte, sexa o que sexa o que iso signifique para cada un de nós. A nosa forma de traballar ten sempre tres fases: a primeira é propoñer a imaxe/desexo; a segunda é buscala desde onde cada persoa a visualice e, sen xulgala, compartila coa outra; e a terceira é desbotala ou ir a muerte”.

> venres 28 de outubro de 17.30 a 19.30 horas no Centro Ágora.

> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.

> inscricións abertas dende o 3 de outubro.

AccionesExpandidas_PE202214.png

bottom of page