top of page

Guillermo Weickert

Parece nada

venres 29 de abril > 20.30h

<PARECE NADA> é un traballo autobiográfico do creador onubense Guillermo Weickert. Esta proposta forma parte dun proceso de investigación arredor da percepción e a aparencia. “Se os nosos sentidos son a nosa ventá de coñecemento que se abren ao mundo, a súa retracción e observación son a porta de autocoñecemento que nos conectan e nos levan a nós mesmos”.

Guillermo convídanos a convertirnos en observadores da nosa propia maneira de ver, coa intención de reflexionar sobre a percepción e a aparencia. “Observar sen deixarnos atrapar polas imaxes, observar o que observamos”. Unha posta en escena íntima, onde a iluminación e o espazo sonoro abrazan o corpo espido do intérprete nunha viaxe instrospectiva compartida coa audiencia.

A linguaxe escénica de Guillermo Weickert preséntase heteroxénea, froito da súa ecléctica formación en danza e interpretación e do seu interese e curiosidade pola fusión de linguaxes e disciplinas. Guillermo é un creador e bailarín con ampla traxectoria nacional e internacional que ten colaborado con numerosas compañías. O seu traballo está recoñecido na escena contemporánea actual, contando con numerosos galardóns polas súas creacións e interpretacións.

Créditos

dirección, creación e interpretación >> GUILLERMO WEICKERT I espazo escénico, son, iluminación e vídeo >> BENITO JIMÉNEZ I produción >> EL MANDAITO PRODUCCIONES S.L. I deseño gráfico >> LUGADERO I fotografía >> MARTA MORERA I espazo en residencia >> TEATRO LA FUNDICIÓN & CICUS - CENTRO DE INICIATIVAS CULTURALES DE LA UNIVERISDAD DE SEVILLA | un espectáculo creado coa complicidade de >> TEATRO CENTRAL, FESTIVAL ESCENA PATRIMONIO & AYUNTAMIENTO DE SEGOVIA | en colaboración co >> MINISTERIO DE CULTURA - INAEM

Expandida relacionada

Coloquio con Guillermo Weickert
> venres 29 de abril ao finalizar a función no patio de butacas do Teatro Rosalía Castro

AccionesExpandidas_PE202214.png

Mirar e mirarse
Unha práctica de movemento con Guillermo Weickert
> xoves 28 de abril de 19 a 21h no escenario do Teatro Rosalía Castro

Desde o físico, unha práctica na que usar o movemento intuitivo da columna como o lenzo sobre o que superpoñer capas como a palabra, o xesto, ou diferentes estados enerxéticos, xerando paisaxes corporais que someteremos á influencia da mirada externa. Que especificidades xeran no que mira? Como altera o estar e o facer do que é mirado?

> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.

> inscricións abertas dende o 20 de abril.

AccionesExpandidas_PE202214.png

Escritura e estrutura
Un encontro con Guillermo Weickert
> sábado 30 de abril de 11 a 13h na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía Castro

En continuidade coa práctica “Mirar e mirarse”, abrimos un segundo espazo de encontro con Guillermo Weickert, partindo do desenvolvemento e a construción dramatúrxica de <PARECE NADA>, para poñer en común estratexias de escritura e estrutura. Un encontro para compartir o código fonte do traballo e abrir o diálogo aos participantes. Un espazo no que xerar debate sobre as posibilidades creativas da dramaturxia do movemento, en diálogo co Taller de Público(s).

bottom of page