top of page

Gaston Core

The Very Last Northern White Rhino

sábado 7 de maio > 20.30h

<THE VERY LAST NORTHERN WHITE RHINO> colle como punto de partida a historia do periodista do New York Times Sam Anderson quen, cando se enterou da morte do último exemplar macho do rinoceronte branco, colleu un avión a Kenia para observar e narrar a vida diaria das dúas últimas exemplares da especie. A imaxe pon de manifesto a vida pola vida mesma, xa que a única función de Fatu e Najin é vivir e dar conta da existencia dunha especie que xa forma parte do pasado.

A peza nútrese de diversos estilos de danza urbana, poñendo o acento no movemento e na danza como celebración da vida. Bailar ata o esgotamento, bailar ata o final porque tal vez xa non haxa nada máis que se poida facer.

En escena, o bailarín de Costa de Marfil Nico Yao Dapre, alias Ouloui, baixo a dirección de Gaston Core, de orixe arxentino afincado en Barcelona dende o 2001. Gaston Core –formado en comunicación audiovisual, dirección, dramaturxia e xestión cultural– foi o fundador, en 2012, da Sala Hiroshima en Barcelona, ata que o teatro pechou as súas portas en 2021. <THE VERY LAST NORTHERN WHITE RHINO> marca a súa volta á creación e dirección de escena.

Créditos

http://concepto e coreografía >> GASTON CORE I intérprete >> OULOUY I colabora na composición coreográfica >> AINA ALEGRE I documentación, photo & videomaker >> ALICE BRAZZIT I espazo sonoro >> JORGE DA ROCHA I deseño de luces e dirección técnica >> IVÁN CASCON I estilismo >> EVA BERNAL | promoción e difusión >> HAIZEA ARRIZABALAGA | co-produción >> SALA HIROSHIMA & FESTIVAL GREC DE BARCELONA CO APOIO DO CENTRE CÍVIC BARCELONETA

Expandida relacionada

Coloquio con Gaston Core
> sábado 7 de maio ao finalizar a función no patio de butacas do Teatro Rosalía Castro

AccionesExpandidas_PE202214.png

A compañía quere compartir cos e coas asistentes a metodoloxía de traballo levada a cabo durante o encontro creativo que deu lugar ao <DÍPTICO DO DESERTO>, formado por <THE VERY LAST NORTHERN WHITE RHINO> e <CHORUS>. A sesión vira ao redor de conceptos como a relación coreógrafo/a-intérprete, os binomios intuición e racionalización, pensamento e acción ou "construción da mirada". Durante a sesión realizaranse exercicios de improvisación e presentaranse ferramentas de composición que, a partir da deconstrución de linguaxes e técnicas de movemento, permitan indagar na capacidade expresiva desas técnicas e atopar novas estéticas de representación.

> venres 6 de maio de 17.30 a 19.30 horas en Danza 10.

> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta, sen necesidade de coñecementos previos.

> inscricións abertas dende o o 20 de abril.

AccionesExpandidas_PE202214.png

bottom of page