
Félix Fernández
Constantes do porvir
sábado 14 de maio > 20.30h
Un déjà-vu do que todavía non sucedeu, un espazo temporal para sumerxirse nas nosas intuicións sobre o futuro.
<CONSTANTES DO PORVIR> forma parte dun proxecto de investigación máis amplo titulado <UNCANNY VALLEY> que agrupa diversas propostas tomando como eixo central o futuro. Este futuro non se presenta únicamente como espazo-tempo de posibles senón tamén como lugar no que evadir as responsabilidades presentes cara o que desexamos, o descoñecido ou o temido.
Esta peza de artes vivas, conxuga a danza, coa tecnoloxía e os audiovisuais, coa intención de atravesar os desexos e intuicións da nosa sociedade en relación ao tempo futuro. A escena preséntanos unha realidade que aínda descoñecemos pero da que comezamos a vislumbrar, establecendo pontes temporais entre o presente e o que está por vir.
Félix Fernández é un artista mutidisciplinar con ampla traxectoria, o seu traballo artístico conta con numerosos recoñecementos a nivel estatal e internacional. A súa obra aparece en numerosos formatos: video, instalación, performance, debuxo e fotografía. A súa práctica artística está atravesada por un profundo análise e cuestionamento da nosa sociedade, que con frecuencia, traballa en clave de autoficción.
Créditos
concepto, dirección, guion, performer, música, escenografía & visuais >> FÉLIX FERNÁNDEZ I asesor de dramaturxia e dirección >> JAIME CONDE SALAZAR I asesoría de movemento >> CATERINA VARELA & ALEXIS FERNÁNDEZ (MACA) I deseño de iluminación e acompañamento técnico en escena >> AFONSO CASTRO I asesoría de vestiario >> REBECA DURÁN ESTRADA I masterización musical / mezcla >> FRANCISCO MARTÍNEZ ROZAS I documentación en vídeo e fotografía >> LEO LÓPEZ GARCÍA | espazos colaboradores >> ESPACIO ESCÉNICO DT DE MADRID, NORMAL ESPACIO DE INTERVENCIÓN CULTURAL DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, FANZINE SCHOOL & ÁGORA | agradecementos >> JANET NOVÁS, RAFA DOCTOR, VANESSA MASEDA, ANDRÉS SENRA, PILAR FERNÁNDEZ, LUIS GUEVARA, DAMIÁN FUENTES
Expandida relacionada
Coloquio con Félix Fernández
> sábado 14 de maio ao finalizar a función no patio de butacas do Teatro Rosalía Castro
O son do futuro
Unha práctica de composición musical con Félix Fernández
> xoves 12 de maio de 18 a 20 horas na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía Castro
Imaxinar o que está por vir para que se poida materializar, e deixar que a banda sonora dos nosos soños se inscriba no posible. Deixar que o poder evocador do que podemos escoitar recolla os nosos desexos do mañá para construír unha vía directa co que nos gustaría que fose o noso futuro. Cal sería o clip de audio que se inscribiría nunha promo do noso porvir máis desexado?
Nesta práctica colectiva de dúas horas guiada por Félix Fernández pediremos ás persoas asistentes que traian nun pen drive un ou dous arquivos de son en formatos mp3, wav, aiff, flac, etc. para construir entre todas e todos unha pista con forma de collage sonoro con ferramentas dixitais de procesamento de son.
> xoves 12 de maio de 18 a 20 horas na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía Castro.
> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida ao alumnado do Conservatorio e persoas externas que se sintan chamadas pola proposta.
> inscricións abertas dende o 20 de abril.