top of page

Elahood

venres 13 de maio > 20.30h

<NÓ> é un collage que parte da intuición más naíf de dúas mulleres galegas que se renden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva das preocupacións actuais.

O espectáculo convida ao público a unha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que é importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía deixa ver pegadas do debate actual que atende a deconstrución de xénero e a conciencia de clase.

<NÓ> é o segundo espectáculo para teatros da compañía oleirense que dirixen Sabela Domínguez e Julia Laport. Veñen de gañar o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid polo seu traballo <INTEMPESTIVA>. Cunha linguaxe e unha estética moi particular, traballan a prol de normalizar o concepto de danza urbana nos circuítos profesionais de distribución e exhibición de artes escénicas en Galicia. A perspectiva de xénero e queer forma parte intrínseca da súa práctica artística.

Créditos

dirección >> SABELA DOMÍNGUEZ, JULIA LAPORT E KENRICK SANDY I coreografía >> SABELA DOMÍNGUEZ, JULIA LAPORT & AINA LANAS I dramaturxia >> GENA BAAMONDE & ELAHOOD I interpretación >> JULIA LAPORT & SABELA DOMÍNGUEZ I espazo sonoro >> LLXNTO & BRUNO BAW I deseño de iluminación >> AFONSO CASTRO I escenografía & atrezzo >> ANAHÍ TARABURELLI | audiovisual >> IRIA CASAL | produción >> SABELA RAMOS & ELAHOOD I acompañamento na xestión >> MANU LAGO · GALICIA DANZA CONTEMPORÁNEA | unha coprodución entre >> CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO / AGADIC & ELAHOOD | co apoio de >> CONCELLO DE OLEIROS & ASOCIACIÓN CULTURAL MANICÓMICOS

Expandida relacionada

Coloquio con Elahood
> venres 13 de maio ao finalizar a función no patio de butacas do Teatro Rosalía Castro

AccionesExpandidas_PE202214.png

Cultura e técnica waacking
Unha práctica de movemento con Julia Laport

O obradoiro propón traballar principalmente a parte máis social ou expresiva (drama, posing) do estilo de danza waacking, ademais da parte máis técnica (traballo de brazos, groove, footwork e power moves). Facilitando ás asistentes unha introdución ao estilo e á cultura, e unhas nocións básicas para poder gozar deste movemento cultural dende dentro, celebrando a liberación dos nosos corpos.

> sábado 7 de maio de 17.30 a 19.30 horas en Laboratorio Escénico Coop.

> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta, sen necesidade de coñecementos previos.

> inscricións abertas dendo o 20 de abril.

AccionesExpandidas_PE202214.png

bottom of page