
Daniel Abreu
El hijo
venres 25 de novembro > 20.30h
<EL HIJO> fala do vínculo cos proxenitores e o que se fai con iso. Entendérmonos como individuos independentes, pero enredados profundamente nas raíces que nos acompañan. Un espectáculo de danza que nos leva ao primario, ao contexto, á familia e á natureza.
Na obra altérnase un corpo de hoxe, móbil e consciente, fronte a outros mundos que, non sendo accesibles á vista, nos afectan e guían os nosos camiños. A danza permite a celebración de estar vivos e ter unha historia, a experiencia de ser fillo e o seu entusiasmo.
Somos seres afectados de emoción, en contextos, de eventos na natureza.
Daniel Abreu é un creador cunha gran presenza na escena da danza actual no noso país e que conta cunha ampla traxectoria internacional. De orixe tinerfeño, ten colaborado con multitude de compañías tanto en España como en Europa. Funda a súa compañía no ano 2004 e, dende entón, ten presentando as súas creacións en máis de 40 países, sendo galardoado en numerosas ocasións, entre as que destaca o Premio Nacional de Danza en 2014.
Créditos
creación, iluminación e interpretación >> DANIEL ABREU I axudante de dirección >> JANET NOVÁS I acompañamento dramaturxia >> MARINA WAINER I música >> COLLAGE I atrezzo >> LAS PRACTICABLES I vestiario >> LEO MARTÍNEZ & DANIEL ABREU I realización de vídeo e coordinación técnica >> DAVID BENITO I colaboración en deseño de iluminación >> IRENE CANTERO I fotografía >> MARCOSGPUNTO I distribución >> ESMANAGEMENT - ELENA SANTONJA I produción subvencionada por >> COMUNIDADE DE MADRID I apoio en xira >> INAEM I colaboran >> CENTRO COREOGRÁFICO CANAL, ESCOLA DE MÚSICA E DANZA DE POZUELO, PROVISIONAL DANZA & TEATRO VICTORIA I agradecementos >> CARLOTA FERRER, MUSEO DA UNIVERSIDADE DE NAVARRA, FESTIVAL DE OTOÑO DE MADRID, DÁCIL GONZÁLEZ, CARMEN WERNER, CARMEN FUENTES, MARA, CARMEN BENÍTEZ, ELENA P., SERGIO GARCÍA, LUCYANNA PETTENGIL, CENTRO CULTURAL PACO RABAL, TEATRO VICTORIA, FESTIVAL DANZATTACK, CENTRO CULTURAL EGUÍA, LAVA DE VALLADOLID
Expandida relacionada
Coloquio con Daniel Abreu
> venres 25 de novembro ao finalizar a función no patio de butacas do Teatro Rosalía Castro
Do sólido ao sutil
Unha práctica de movemento con Daniel Abreu
> xoves 24 de novembro de 19 a 21 horas no escenario do Teatro Rosalía Castro
O teu corpo sentido desde o máis sólido ao máis sutil. O que o corpo xera cando se move e o rastro que deixa no aire. Os puntos de apoio do corpo e as infinitas direccións, que combinados e afastados das partituras que coñeces, poidan dar ao teu corpo outra fluidez.
Na práctica, propoñeranse pautas de movemento simples, continuas e, desde aí, deixarémonos levar. Parar o xuízo constante do que o corpo debe facer ou non é fundamental para poder avanzar nas anotacións que se propoñan. Desde estas pautas, recolleremos aspectos que, máis tarde, aplicados aos propios estudos das técnicas ou aos percorridos formais da danza, axudan a unha maior conciencia e mellora dos percorridos.
Aínda que é un taller eminentemente práctico, a proposta de Daniel é que veñas cun caderno no que poidas anotar percorridos ou palabras que che axuden a reconectar e profundar. O uso do corpo en movemento e a imaxinación serán os motores para a experiencia e a aprendizaxe.
> xoves 24 de novembro de 19 a 21 horas no escenario do Teatro Rosalía Castro.
> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.
> inscricións abertas dende o 7 de novembro.