top of page

Colectivo Glovo

Tabú

sábado 30 de abril > 20.30h

A aparencia coma posibilidade de futuro.

No verán de 2020, Esther e Hugo atópanse en Allariz cunha fotografía rechamante, obra de Manuel Riesco e datada de 1925, baixo o título “Equipo de fútbol feminino no vello campo de Vilanova”. Nesta imaxe, doce mulleres visten, con actitude desafiante e seria, camisolas dos equipos Arnoya de Allariz e Celanova. Nun primeiro momento, a imaxe móstrase como un fito novidoso e revolucionario para a época, abrindo a porta a unha historia que deixaba moitas preguntas no proceso.

Quen eran estas mulleres?
Que foi delas?
Que sucedeu nese partido?
Atopámonos ante unhas pioneiras?

Colectivo Glovo é o proxecto artístico de Esther Latorre (Galicia) e Hugo Pereira (Portugal) que dende 2019 ten sede en Lugo. Cunha ampla traxectoria tanto estatal como internacional, a compañía continúa apaixoada pola linguaxe do movemento e persigue a investigación de novas expresións escénicas partindo do propio corpo sen límites establecidos. Ademais da súa práctica artística, a compañía tamén impulsa proxectos de xestión como o Festival Lugo en Danza e o Festival Cartografía en Movemento, ademais da plataforma artística Atopémonos bailando. Traballan a prol do tecido artístico do territorio, con especial atención á eliminación da barreira cultura invisible Galicia-Portugal.

Créditos

creación >> ESTHER LATORRE & HUGO PEREIRA I interpretación >> ESTHER LATORRE, HUGO PEREIRA, CLARA FERRAO, SYBILA GUTIÉRREZ & FRAN MARTÍNEZ I deseño de iluminación >> PEDRO FRESNEDA I técnico en xira >> JAUME BLAI I espazo sonoro >> BABYKATZE I vídeo >> DANI RODRÍGUEZ I apoio en xestión >> MANU LAGO · GALICIA DANZA CONTEMPORÁNEA | fotografía >> CARLOTA MOSQUERA | deseño de imaxe >> PAULINA FUNES | vestiario >> COLABORACIÓN CON ADOLFO DOMÍNGUEZ | coproduce >> CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO · XACOBEO 21-22 · XUNTA DE GALICIA | co apoio de >> TEATRO ENSALLE, INAEM · MINISTERIO DE CULTURA · GOBIERNO DE ESPAÑA , CONCELLO DE LUGO, MUSEO MIHL, CONCELLO DE ALLARIZ, A CASA VELLA, GALICIA DANZA CONTEMPORÁNEA & ESCUELA PALIMOCO

Expandida relacionada

Coloquio con Colectivo Glovo
> sábado 30 de abril ao finalizar a función no patio de butacas do Teatro Rosalía Castro

AccionesExpandidas_PE202214.png

Saturnalias
Unha práctica de movemento con Esther Latorre, Sybila Gutiérrez e Fran Martínez

<SATURNALIAS> é unha práctica de movemento libre baseada na xornada do entroido e no xuicio das apariencias, temática que traballou a compañía e os seus intérpretes para a creación de <TABÚ>.

A práctica está dividida en tres bloques, interconectados entre sí, nos que Sybila Gutiérrez, Fran Martínez e Esther Latorre –intérpretes e creadoras da peza– guiarán secuencias de acción e investigación individuais e grupais procurando un conxunto de vivencias colectivas que aproximen a cada participante a habitar algún novo corpo.

Prégase ás asistentes acudir con algún complemento externo (perrucas, plumas, gafas...) que poidan servir de inspiración nesta festa do entroido.

> venres 29 de abril de 17 a 19.30 horas no Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña.

> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida ao alumnado do Conservatorio e persoas externas que se sintan chamadas pola proposta.

> inscricións abertas dende o 20 de abril.

AccionesExpandidas_PE202214.png

bottom of page