
Albert Quesada
Flamingos
sábado 5 de novembro > 20.30h
<FLAMINGOS> é o resultado de colocar a Carmen Amaya no medio dunha escena de John Waters. O impulso do flamenco para compartir o interior da alma humana mestúrase coa música, o vestiario e o imaxinario máis pop. Cal é o noso propio flamenco? Cal é a nosa música e que danza convida a bailar?
Corpos, desexos, medos e referencias adultéranse para crear unha jam session máxica. Unha festa na que os sete intérpretes se expoñen coa única intención de festexar.
Albert Quesada fórmase en danza na MDT (Ámsterdam) e PARTS (Bruselas). <FLAMINGOS> é a segunda parte dunha triloxía que reflexiona e investiga sobre o mundo do flamenco e a súa complexidade, coa intención de atopar a orixe do movemento e do canto. O coreógrafo quere descubrir o motor do flamenco e desprazalo a outros corpos e outras músicas para xerar un novo sentido.
Créditos
idea, coreografía e dirección >> ALBERT QUESADA I axudante de dirección >> CLAUDIA SOLWAT I interpretada por >> BLANCA TOLSÀ, ELIOTT MARMOUSET, MARIO G. SÁEZ, KATIE VICKERS, LAILA TAFUR, VÍCTOR PÉREZ ARMERO & VIKTORIA ANDERSSON I creada cos intérpretes e con MIQUEL FIOL I deseño sonoro >> RAFAEL CAÑETE, JULIÁN D’AVINO & CARLOS PARRA I deseño escénico e de iluminación >> CUBE.EZ I vestiario >> JORGE DUTOR & TXELL JANOT I dramaturxia >> ALBERT PÉREZ HIDALGO & PAU MASALÓ I grazas a >> MIREIA DE QUEROL I produción >> MERCAT DE LES FLORS I coprodución >> LA QUINZENA I co apoio >> FUNDACIÓ PÚBLICA TEATRE DE LA LLOTJA I residencia de creación >> GRANER FÁBRICA DE CREACIÓN, FUNDACIÓ PÚBLICA TEATRE DE LA LLOTJA I coa colaboración >> FUNDACIÓN BANCO SABADELL I agradecementos >> KOSMONAUT PRODUCTION
Expandida relacionada
Coloquio con Albert Quesada
> sábado 5 de novembro ao finalizar a función no patio de butacas do Teatro Rosalía Castro
Debaixo de flamingos
Unha práctica de movemento con Albert Quesada
> sábado 5 de novembro de 10 a 12 horas no escenario do Teatro Rosalía Castro
Nesta práctica, Albert Quesada compartirá pautas que moven e guían aos bailaríns de <FLAMINGOS>. Algunhas destas pautas orixínanse nunha inspiración e reflexión sobre os corpos flamencos e acompáñanse cun imaxinario con músicas que van desde o pop até a ópera e o flamenco. Unha oportunidade para achegarse en profundidade ao universo creativo deste coreográfo catalán.
> sábado 5 de novembro de 10 a 12 horas no escenario do Teatro Rosalía Castro.
> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.
> inscricións abertas dende o 17 de outubro.