
Taller de Público(s) Temporada Outono
Do 14 de setembro ao 23 de novembro na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía Castro
Dende Programación Expandida do TRC Danza organizamos, como vén sendo habitual, un Taller de público(s) da man da investigadora e xestora cultural Sabela Mendoza e da artista e coordinadora do programa Caterina Varela.
O obxectivo é compartir e conversar sobre as distintas derivas que emerxen no campo da danza e da creación contemporánea, acompañando a programación anual do ciclo TRC Danza 2022. Un convite a todas as persoas interesadas no campo da danza e da creación contemporánea, curiosas de ampliar a súa mirada dende unha posición de espectadoras activas.
Continuamos dando pasos adiante cara á consolidación dun público cada vez máis comprometido co que acontece no teatro da nosa cidade. Un teatro que se recoñece como propio.

Datas e horario
mércores 14 de setembro de 19 a 21 horas
mércores 5 de outubro de 19 a 21 horas
mércores 26 de outubro de 19 a 21 horas
mércores 2 de novembro de 19 a 21 horas
mércores 9 de novembro de 19 a 21 horas
mércores 23 de novembro de 19 a 21 horas
Inscricións
Taller de público(s) é unha actividade gratuíta e o número máximo de prazas está limitado.
Aínda que non é obrigatorio, agradecemos o compromiso de asistencia a todas as sesións, para favorecer a dinámica e continuidade do grupo.