top of page

Taller de Público(s) Festival Primavera

Do 27 de abril ao 14 de maio na Sala Xan Eirís

Dende Programación Expandida TRCDanza organizamos, como vén sendo habitual, un Taller de público(s) da man da investigadora e xestora cultural Sabela Mendoza e da artista e coordinadora do programa Caterina Varela.

O obxectivo é compartir e conversar sobre as distintas derivas que emerxen no campo da danza e da creación contemporánea, acompañando a programación anual do ciclo TRC Danza 2022. Un convite a todas as persoas interesadas no campo da danza e da creación contemporánea, curiosas de ampliar a súa mirada dende unha posición de espectadoras activas.

Continuamos dando pasos adiante cara á consolidación dun público cada vez máis comprometido co que acontece no teatro da nosa cidade. Un teatro que se recoñece como propio.

AccionesExpandidas_PE20229.png

Datas e horario

mércores 27 de abril de 19 a 21 horas
sábado 30 de abril de 11 a 13 horas
mércores 4 de maio de 19 a 21 horas
sábado 7 de maio de 11 a 13 horas
mércores 11 de maio de 19 a 21 horas
sábado 14 de maio de 11 a 13 horas

> as sesións realízanse na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía Castro

Inscricións

Taller de público(s) é unha actividade gratuíta e o número máximo de prazas está limitado.

Aínda que non é obrigatorio, agradecemos o compromiso de asistencia a todas as sesións, para favorecer a dinámica e continuidade do grupo.

bottom of page