top of page

Saturnalias | Esther Latorre, Sybila Gutiérrez e Fran Martínez

29.04.22 | Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña

<SATURNALIAS> é unha práctica de movemento libre baseada na xornada do entroido e no xuicio das apariencias, temática que traballou a compañía e os seus intérpretes para a creación de <TABÚ>.

A práctica está dividida en tres bloques, interconectados entre sí, nos que Sybila Gutiérrez, Fran Martínez e Esther Latorre –intérpretes e creadoras da peza– guiarán secuencias de acción e investigación individuais e grupais procurando un conxunto de vivencias colectivas que aproximen a cada participante a habitar algún novo corpo.

Prégase ás asistentes acudir con algún complemento externo (perrucas, plumas, gafas...) que poidan servir de inspiración nesta festa do entroido.

AccionesExpandidas_PE20229.png

Datas e horario

venres 29 de abril de 17 a 19.30 horas no Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña

Inscricións

> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida ao alumnado do Conservatorio e persoas externas que se sintan chamadas pola proposta.

> inscricións abertas dende o 20 de abril.

bottom of page