
Queres ser voceira do TRC Danza?
Por segundo ano consecutivo, buscamos Voceiras, persoas interesadas na danza dende calquera ámbito (profesional, amador, educativo, ocio) que axuden a difundir, dentro dos seus propios entornos, a programación de artes do movemento que se impulsa dende o Teatro Rosalía Castro.
O obxectivo desta iniciativa é o de achegarnos, da forma máis próxima posible, a distintos públicos potenciais, ao tempo que creamos unha comunidade arredor do TRC Danza.
A comunidade Voceiras terá un contacto directo co equipo de Programación Expandida, participando de forma activa nas propostas do teatro e desfrutando de convites para asistir á programación do TRC Danza.

Inscricións
Se che interesa esta iniciativa ou queres ter máis información, podes encher o formulario que deixamos a continuación e o equipo de Programación Expandida porase en contacto contigo.
Agardamos poder coñecervos moi pronto, Voceiras!