top of page

Publicar danza | Afonso Becerra

14.05.22 | Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía Castro

Publicar danza é sempre motivo de celebración. Non existen no país demasiadas experiencias que leven a historia da danza ao papel, así que compre celebrar as iniciativas que veñen aparecendo nos últimos anos, como é o caso do libro História da dança contemporânea na Galiza, do autor Afonso Becerra, recentemente publicado por Através Editora.

Neste encontro teremos oportunidade de conversar co autor sobre este exercicio de recuperación parcial da memoria da danza en Galicia, que agardamos sexa a primeira de moitas miradas sobre o noso patrimonio artístico inmaterial, tan frondoso como difícil de narrar.​

AccionesExpandidas_PE20229.png

Datas e horario

sábado 14 de maio de 18 a 20 horas na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía Castro

Inscricións

> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.

> inscricións abertas dende o 20 de abril.

bottom of page