
O son do futuro | Félix Fernández
12.05.22 | Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía Castro
Imaxinar o que está por vir para que se poida materializar, e deixar que a banda sonora dos nosos soños se inscriba no posible. Deixar que o poder evocador do que podemos escoitar recolla os nosos desexos do mañá para construír unha vía directa co que nos gustaría que fose o noso futuro. Cal sería o clip de audio que se inscribiría nunha promo do noso porvir máis desexado?
Nesta práctica colectiva de dúas horas guiada por Félix Fernández pediremos ás persoas asistentes que traian nun pen drive un ou dous arquivos de son en formatos mp3, wav, aiff, flac, etc. para construir entre todas e todos unha pista con forma de collage sonoro con ferramentas dixitais de procesamento de son.

Datas e horario
xoves 12 de maio de 18 a 20 horas na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía Castro
Inscricións
> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.
> inscricións abertas dende o 20 de abril.