top of page

Na procura de novas estéticas de movemento | Gaston Core & Oulouy

06.05.22 | Escola Danza 10

A compañía quere compartir cos e coas asistentes a metodoloxía de traballo levada a cabo durante o encontro creativo que deu lugar ao <DÍPTICO DO DESERTO>, formado por <THE VERY LAST NORTHERN WHITE RHINO> e <CHORUS>. A sesión vira ao redor de conceptos como a relación coreógrafo/a-intérprete, os binomios intuición e racionalización, pensamento e acción ou "construción da mirada". Durante a sesión realizaranse exercicios de improvisación e presentaranse ferramentas de composición que, a partir da deconstrución de linguaxes e técnicas de movemento, permitan indagar na capacidade expresiva desas técnicas e atopar novas estéticas de representación.

AccionesExpandidas_PE20229.png

Datas e horario

venres 6 de maio de 17.30 a 19.30 horas na Escola Danza 10

Inscricións

ACTIVIDADE CANCELADA POR MOTIVOS AXENOS AO FESTIVAL

bottom of page