top of page

Iluminación e coreografía aérea | Paloma Hurtado, Daniel Morales, Alfredo Díez e Luca Lorenzo Sala

06.10.22 | Escola de Imaxe e Son

A creación en danza contemporánea parte normalmente de sensacións, improvisacións, músicas e sons, momentos e situacións. O movemento non ten porque estar limitado ao plano do escenario adoito (ancho e fondo), sendo todo o volume (altura) un espazo susceptible de ser explorado, e desde o cal a linguaxe do corpo adquire outros significados.

Existe outra linguaxe, a luz, que forma parte deste tipo de pezas. Esta axuda a reforzar as ideas que se queren expresar, ou mesmo expor ideas paralelas, funcionando como un medio no que os e as artistas do movemento habitan.

Este encontro é unha oportunidade para achegarse, tanto desde a vertente técnica como da creativa, aos procesos de concepción, deseño e montaxe de iluminación e coreografía aérea, tomando como exemplo o espectáculo <INA>.

AccionesExpandidas_PE20229.png

Datas e horario

xoves 6 de outubro de 18.30 a 20.00 horas na Escola de Imaxe e Son

Inscricións

> a actividade está dirixida ao alumnado da propia escola.

bottom of page