
II Ciclo de Cinema e Danza
Do 31 de marzo ao 30 de abril de 2022 nos Cines Fórum Metropolitano
Por segundo ano consecutivo, o Fórum Metropolitano e o Teatro Rosalía Castro, a través da Programación Expandida do TRC Danza, presentan o II Ciclo de Cinema e Danza.
Durante o mes de abril, na sala Marylin Monroe do Fórum Metropolitano, poderemos gozar de catro semanas de danza na pantalla. Comezaremos co retrato feito polo director Tomer Heymman ao coreógrafo israelí Ohad Naharin en <MR. GAGA>, filmado ao longo de oito anos ao carón da Batsheva Dance Company. A segunda fin de semana teremos oportunidade de achegarnos á historia das bailarinas estadounidenses Loïe Fuller e Isadora Duncan coa película <LA DANSEUSE>, da directora francesa Stéphanie Di Giusto. De seguido, poderemos gozar dun programa dobre na terceira fin de semana do ciclo coas películas <INSULAR BODIES>, da coreógrafa alemá Stephanie Thiersch, e <AÚN>, do coreógrafo madrileño Antonio Ruz, dúas pezas asinadas en primeira persoa por ambos coreográfos. E rematamos o ciclo co documental <BARE>, do belga Aleksandr M. Vinogradov, unha desafiante peza que explora o concepto da masculinidade arredor da coreografía <ANIMA ARDENS>, de Thierry Smits.

Datas e horarios
31 de marzo, 1 e 2 de abril | Mr. Gaga, de Tomer Heymman
7, 8 e 9 de abril | La Danseuse, de Stéphanie Di Giusto
21, 22 e 23 de abril | Programa dobre:
Insular bodies, de Stephanie Thiersch
AÚN, da Compañía Antonio Ruz
28, 29 e 30 de abril | Bare, de Aleksandr M. Vinogradov
As sesións desenvolveranse nos horarios habituais dos cines do Fórum Metropolitano: xoves, venres e sábado ás 20h e o sábado tamén ás 17.30h.
Entradas