top of page

Identidades sexuadas | Nuria Sotelo

12.11.22 | Centro Ágora

A peza <MORTAIS E VULNERABLES> de Furia Sotelo achégase á investigación de Efigenio Amezúa, un dos pais da sexoloxía en España e director do Instituto de Sexoloxía Incisex, onde Nuria Sotelo realizou o Mestrado en Sexoloxía que lle abriu a ollada cara un novo xeito de analizar a realidade dos suxeitos sexuados e as súas relacións. Hoxe en día, o facer artístico de Nuria Sotelo está impregnado desta nova perspectiva.

A artista propón unha práctica física e un achegamento teórico á base conceptual desta peza. Neste espazo compartido exploraremos a construción das nosas identidades e o noso ser e estar no mundo como suxeitos interdependentes que nos imos construíndo en relación.

AccionesExpandidas_PE20229.png

Datas e horario

sábado 12 de novembro de 17.30 a 19.30 horas no Centro Ágora

Inscricións

> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.

> inscricións abertas dende o 1 de novembro.

bottom of page