top of page

Escritura e estrutura I Guillermo Weickert

30.04.22 | Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía Castro

En continuidade coa práctica “Mirar e mirarse”, abrimos un segundo espazo de encontro con Guillermo Weickert, partindo do desenvolvemento e a construción dramatúrxica de <PARECE NADA>, para poñer en común estratexias de escritura e estrutura. Un encontro para compartir o código fonte do traballo e abrir o diálogo aos participantes. Un espazo no que xerar debate sobre as posibilidades creativas da dramaturxia do movemento, en diálogo co Taller de Público(s).

AccionesExpandidas_PE20229.png

Datas e horario

sábado 30 de abril de 11 a 13 horas na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía Castro

Inscricións

> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.

> inscricións abertas dende o 20 de abril.

bottom of page