
Do sólido ao sutil | Daniel Abreu
24.11.22 | Escenario do Teatro Rosalía Castro
O teu corpo sentido desde o máis sólido ao máis sutil. O que o corpo xera cando se move e o rastro que deixa no aire. Os puntos de apoio do corpo e as infinitas direccións, que combinados e afastados das partituras que coñeces, poidan dar ao teu corpo outra fluidez.
Na práctica, propoñeranse pautas de movemento simples, continuas e, desde aí, deixarémonos levar. Parar o xuízo constante do que o corpo debe facer ou non é fundamental para poder avanzar nas anotacións que se propoñan. Desde estas pautas, recolleremos aspectos que, máis tarde, aplicados aos propios estudos das técnicas ou aos percorridos formais da danza, axudan a unha maior conciencia e mellora dos percorridos.
Aínda que é un taller eminentemente práctico, a proposta de Daniel é que veñas cun caderno no que poidas anotar percorridos ou palabras que che axuden a reconectar e profundar. O uso do corpo en movemento e a imaxinación serán os motores para a experiencia e a aprendizaxe.

Datas e horario
xoves 24 de novembro de 19 a 21 horas no escenario do Teatro Rosalía Castro
Inscricións
> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.
> inscricións abertas dende o 7 de novembro.