PROGRAMACIÓN
E X P A N D I D A
> > >
TRC DANZA
PROXECTO DE APROXIMACIÓN ÁS ARTES DO MOVEMENTO > > > > > > > > > > > > >
> > > > > > TEATRO ROSALÍA DE CASTRO > > > >> > > > > > > > > > > > A CORUÑA

Debaixo de Flamingos | Albert Quesada
05.11.22 | Escenario Teatro Rosalía Castro
Nesta práctica, Albert Quesada compartirá pautas que moven e guían aos bailaríns de <FLAMINGOS>. Algunhas destas pautas orixínanse nunha inspiración e reflexión sobre os corpos flamencos e acompáñanse cun imaxinario con músicas que van desde o pop até a ópera e o flamenco. Unha oportunidade para achegarse en profundidade ao universo creativo deste coreográfo catalán.

Datas e horario
sábado 5 de novembro de 10 a 12 horas no escenario do Teatro Rosalía Castro
Inscricións
> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.
> inscricións abertas dende o 17 de outubro.