top of page

Cultura e técnica waacking | Julia Laport
07.05.22 | Laboratorio Escénico Coop
O obradoiro propón traballar principalmente a parte máis social ou expresiva (drama, posing) do estilo de danza waacking, ademais da parte máis técnica (traballo de brazos, groove, footwork e power moves). Facilitando ás asistentes unha introdución ao estilo e á cultura, e unhas nocións básicas para poder gozar deste movemento cultural dende dentro, celebrando a liberación dos nosos corpos.

Datas e horario
sábado 7 de maio de 17.30 a 19.30 horas en Laboratorio Escénico Coop
Inscricións
> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.
> inscricións abertas dende o 20 de abril.
bottom of page