Corpo, voz e corazón | Hermanas Gestring

28.10.22 | Centro Ágora

“Como Hermanas Gestring sempre usamos o lema a muerte para enfrontarnos a todas as nosas propostas e sempre nos empodera para adentrarnos no mundo do descoñecido con toda a confianza e o sentido do humor. Desde esta premisa presentamos a práctica. A través de pautas, xogaremos coa improvisación e co traballo coreográfico. Usando o noso corpo, a voz e o corazón, buscaremos o pracer de ir a muerte, sexa o que sexa o que iso signifique para cada un de nós. A nosa forma de traballar ten sempre tres fases: a primeira é propoñer a imaxe/desexo; a segunda é buscala desde onde cada persoa a visualice e, sen xulgala, compartila coa outra; e a terceira é desbotala ou ir a muerte”.

AccionesExpandidas_PE20229.png

Datas e horario

venres 28 de outubro de 17.30 a 19.30 horas no Centro Ágora

Inscricións

> a actividade, gratuíta e con prazas limitadas, está dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.

> inscricións abertas dende o 3 de outubro.