top of page

> PROCESOS

 

A Programación Expandida TRC Danza achegouse a distintas comunidades educativas da cidade para acompañar unha serie de procesos de creación con distintas artistas convidadas, coa firme vontade de que a experiencia de atravesar un proceso de creación é transformadora e a mellor maneira de afondar na educación arredor das artes vivas.

Así, puidemos acompañar dous procesos de creación co alumnado de 1º da ESO do IES Zalaeta en colaboración con Ánxela Blanco e Cris Vilariño, así como varios procesos co alumnado da Universidade Senior acompañadas por Ana Beatriz Pérez e Helen Bertels ademais da colaboración co Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña para o programa Assamblé.

ASSAMBLÉ

Conservatorio de Danza da Deputación

bottom of page