top of page

Paula Quintas, artista de danza e circo do noso territorio, aposta en <Plastic> por abordar o terreno da superficialidade do mundo actual. O corpo como contedor é a primeira premisa desta peza de longo formato que pon o corpo da creadora e intérprete en escena como se dunha Barbie se tratase, baleira por dentro e hermética ao exterior.

 

O plástico como símbolo do que conserva e almacena para, en definitiva, profundizar nas experiencias e emocións que se agochan no interior.

 

Para esta peza en solitario Paula Quintas confía na directora e coreógrafa Rut Balbís e se rodea de grandes profesionais do noso territorio como o deseñador de iluminación Afonso Castro e a deseñadora de vestiario Fany Bello.

www.paulaquintas.com

Plastic.jpg
Datas2019_TRC_web2.png

>>>>>> PAULA QUINTAS - CÍA TRASPEDIANTE >>>>>>>> PLASTIC

SÁBADO 16 DE MARZO ÁS 20.30 H NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

> compra a túa entrada

> Práctica de body-art e movemento "Esculturas efémeras"

 o mércores 13 de marzo na Escola Pablo Picasso

> Coloquio post-función coas integrantes da compañía

ao remate da función!

dirección artística e coreografía >> RUT BALBÍS  I  intérprete >> PAULA QUINTAS  I vestiario >> FANY BELLO  I  iluminación e escenografía >> AFONSO CASTRO I  distribución >> BELÉN BRANDIDO & MANU LAGO  I  fotografía >> MIRAMEMIRA, ÍÑIGO RODRIGO, ROMÁN; FOTOGRÁFICA OVIEDO  I  produción >> TRASPEDIANTE

+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA

VEN > 1 MARZO

VERTICALIA

> ALMA (NON É HIPPIE)

bottom of page