<Suddenly III> parte de todos os pequenos impulsos que nos paralizan por uns segundos. Estas ideas que cruzan a nosa mente en realidade e que nos fan ser conscientes de que podemos estar en perigo. É unha forma que o cerebro utiliza para lembrar que debemos ter coidado. Pero que pasará se decidido levarme por ese impulso? Que pasará se salto? Que pasará se disparo? Que pasará se o bico? A obra reflicte que é o que sucede cando nos arriscamos e nos deixamos levar por eses impulsos. Ás veces estas tolemias fan que sigamos vivos e queiramos saltar ao baleiro no canto de quedar nun equilibrio absurdo que nos anula. Porque non sempre preferimos o malo coñecido que o bo por coñecer.
O tándem formado polo coreógrafo e bailarín Jaiotz Osa e o deseñador Xabier Mujika fai emerxer unha peza cunha linguaxe física e un tipo de movemento dinámico e enérxico.
<Suddenly III> é unha obra visual, cargada de imaxes, cuxo obxectivo principal é que todas estas fotografías bailadas queden na retina do espectador.


>>>>>>>>>>>>>>>>>>> OSA + MUJIKA >>>>>>>> SUDDENLY III
+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA
XOVES 5 DE DECEMBRO ÁS 20.30 H
NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
Próximamente máis información
coreografía e dramaturxia >> JAIOTZ OSA I intérpretes >> JAIOTZ OSA & XABIER MUJIKA I dirección >> JAIOTZ OSA & XABIER MUJIKA I iluminación >> JOSE MURGIA & OSA + MUJIKA I arranxos de son >> IÑIGO TELLETXEA I vestiario e escena >> XABIER MUJIKA I vídeo >> RACH RODRÍGUEZ I produción e distribución >> OSA + MUJIKA