top of page

Por segundo ano consecutivo presentamos dentro do TRCDanza a ventá Oasis Paraíso, un programa triple composto por distintos traballos que foron desenvoltos durante o programa de Residencias Paraiso 2018, un programa de residencias artísticas para as artes vivas en Galicia impulsado polo Colectivo RPM co apoio do AGADIC.

 

Comezamos a velada con <Illas desertas> da compañía ArtesaCía. Unha peza que explora a idea da perda do obxectivo, da falta de destino, a través do contacto con homes e mulleres nos que só queda o xesto difuso dunha meta, dun mecanismo socioeconómico que esmorece na súa corporalidade. Como é habitual nesta compañía, composta pola actriz Laura Villaverde e o artista visual Roi Fernández, é unha proposta escénica transmedia. A narrativa do movemento escénico se mestura con videomapping interactivo sobre grandes retratos de camiñantes á deriva.

 

Coa conferencia arredor do traballo <Sobre o concepto do tempo> Marco Antonio Regueiro toma o relevo da noite. A súa investigación inspírase no rito arcaico da danza do abellón, una danza funeraria na que os asistentes tomándose das mans xiraban ao redor do caixón imitando o zumbido dunha abella para preparar a alma do falecido para a súa viaxe ultramundana. Coreógrafo e dramaturgo, o seu traballo está baseado no pictorialismo renacentista, o significado da paixón e a revalorización da in-acción diante a potencialidade da beleza para representar o lugar que a memoria ocupa na sociedade contemporánea.  

Para rematar este programa triple Gena Baamonde presenta <Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos>. Un proxecto de investigación activa e desleal en formato desbordado ao redor da lectura escénica dos corpos sexuados. Bastardía disciplinar que parte da conferencia-performance coma linguaxe de exploración inicial para aunar investigación teórica e práctica corporal. Esta proposta xorde da necesidade de expandir, de acompañar, de traducir á linguaxe escénica o proceso de investigación académica “Sexualidades Des-Xeneradas na Práctica Escénica Contemporánea” no que a autora leva inmersa nos últimos anos.​

https://www.colectivorpm.gal/residenciasparaiso2019

CabezasOasis.png
Datas2019_TRC_web7.png

>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>> ARTESA CIA + MARCO ANTONIO REGUEIRO + GENA BAAMONDE >>>> OASIS PARAÍSO

+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA

> Próximamente máis información

SÁBADO 14 DE SETEMBRO ÁS 20.30 H

NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

> compra a túa entrada

VEN > 1 MARZO

VERTICALIA

> ALMA (NON É HIPPIE)

VERTICALIA

bottom of page