O concepto de partida da coreógrafa catalana Núria Guiu en <Likes> xira arredor dos “gústame” (likes).
Os likes son unha ferramenta utilizada por todos pero especialmente por novas xeracións a través das redes socias. Hai motivos diversos polos que conseguir likes a través da rede. Para algúns, os likes, son unha forma liberadora de expresar o noso gusto, soporte ou empatía en relación a un certo contido na internet.
Pero doutra banda, os likes toman toda unha simboloxía relacionada co prestixio social e co capital, xa que hai moitas empresas e corporacións que os utlizan de forma acumulativa (incluso comprándoos ou vendéndoos) para escalar nun mercado global, competitivo e xerárquico, así como para gañar prestixio nesta escala.
Que lugar toma o corpo, a forma, a aparencia, as imaxes onde tantas veces nos expoñemos á rede, en relación a estes likes? Que lugar ocupan estes likes, como novos símbolos de prestixio social, en relación á mercantilización ou comercialización destes e por tanto, tamén indirectamente, en relación ao corpo e a súa imaxe a través da rede? Cando falamos de likes, estamos a falar só de apertar un botón na internet? Ou estamos tamén falando da maneira en que miramos observamos e valoramos o outro e en función de que?


>>>>>>>>>>>>>> NÙRIA GUIU >>>>>>>>>>>>>>>>>> LIKES
+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA
Próximamente máis información
SÁBADO 30 DE NOVEMBRO ÁS 20.30 H
NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
dirección, coreografía e performer >> NÙRIA GUIU I asistencia artística >> ESTHER FREIXA & SÓNIA GÓMEZ I asesoramento de vestiario >> NESTOR REINA I foto e vídeo >> ALICE BRAZZIT I deseño de luces e música >> NÙRIA GUIU (BYETONE, WILLIAM BASINSKI, MIKE POSNER & ED SHEERAN
proxecto en residencia en CRA'P, KONVENT.0, ESPAI BOKASHI, LA BLANCA & SALA HIROSHIMA DE BARCELONA