top of page

Na longa e intensa traxectoria de Matarile Teatro puidemos disfrutar da creadora e bailarina Mónica García como parte de moitos dos seus espectáculos pero non é ata <Los limones, la nieve y todo lo demás> que poderemos gozar dun traballo en coautoría entre a bailarina asturiana e a dramaturga galega Ana Vallés.

 

Como en moitos dos traballos de Matarile Teatro –a compañía formada por Ana Vallés e Baltasar Patiño– as referencias a outros autores inundan o proceso de creación. Roberto Bolaño, Josep María Esquirol, Jacques Mayol,  María Muñoz, Friederich Nietzsche, Slavoj Zizek ou Henry David Thoreau son algúns dos nomes que planean sobre esta peza.

 

Suliñan as autoras sobre <Los limones, la nieve y todo lo demás> que é a tentación de deixalo todo e largarnos correndo a outro lugar. Que é o desexo persistente de atravesar a fantasía e os feitos reais das nosas personaxes inventadas. E que quizais por evitar o regreso dilatamos a partida, e mentres, escoitamos as palabras do tolo ou abrazamos a beleza, con mala conciencia. Que disfrutemos deste día perfecto.

 

Arroupadas pola iluminación, espazo e son en tempo real de Baltasar Patiño e pola mirada como asistente de dirección de Ricardo Santana, disfrutaremos en <Los limones, la nieve y todo lo demás> da madurez e altura destas dúas creadoras en colaboración.

www.matarileteatro.net

Captura de pantalla 2019-02-21 a la(s) 1
Datas2019_TRC_web10.png

>>> MATARILE TEATRO >>>> LOS LIMONES, LA NIEVE Y TODO LO DEMÁS

+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA

> Práctica de movemento "A non resistencia"

 o mércores 30 de outubro na Escola Municipal de Danza de Oleiros

> Coloquio post-función coas integrantes da compañía

ao remate da función!

XOVES 1 DE OUTUBRO ÁS 20.30 H

NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

> compra a túa entrada

creación e interpretación >> MÓNICA GARCÍA & ANA VALLÉS  I  iluminación, espazo e son en tempo real >> BALTASAR PATIÑO  I  asistente na dirección >> RICARDO SANTANA  I  vestiario >> DANZARINA & MATARILE  I  video >> EDICIÓN RUSA

 

VEN > 1 MARZO

VERTICALIA

> ALMA (NON É HIPPIE)

bottom of page