top of page

Proxecto MASA (Mover As Aulas) é un proxecto que aborda a normalización da danza e da creación contemporánea na comunidade adolescente da nosa cidade. Gracias á colaboración cun centro de educación secundaria de A Coruña brinda a oportunidade ao alumnado de formar parte dun proceso de creación da man dun artista local.

Proxecto MASA cumplía en 2018 a súa segunda edición despois dunha exitosa proba piloto no ano anterior, reunindo ao alumnado dun grupo de 1º da ESO do IES Zalaeta que puidemos ver enriba do escenario do Teatro Rosalía de Castro en decembro de 2018.

A edición piloto en 2017 con Ánxela Blanco​

Logo de relacionarnos en distintas ocasións con centros de ensinanza secundaria da cidade, a idea de activar MASA está sobre a nosa mesa dende fai un par de anos. Sen embargo non foi ata 2017 que puidemos activar unha primeira proba piloto que provocou unha importante sacudida tanto para nós como para o alumnado participante.

O alumnado elexido foi de 1º da ESO do centro IES Zalaeta e a artista colaboradora a artista local Ánxela Blanco.

Despois dun intenso trimestre de traballo semanal co grupo naceu GALAXIA CROQUETA. Unha peza bárbara feita con todo o amor do mundo, tanto polas rapazas e rapaces participantes, como por Conchi no seu perfil de profesora de Educación Física e Hábitos Saudables onde transcurriron as sesións, como pola propia Ánxela, que foi quen de traballar co máximo agarimo e rigor con este grupo de adolescentes na súa primeira inmersión na escea.

GALAXIA CROQUETA foi amosada o mércores 13 de decembro de 2017 nun Teatro Rosalía de Castro co patio de butacas cheo dos seus familares a amigos. Toda unha experiencia a de atravesar un proceso de creación da man dunha artista en activo da cidade, un verdadeiro reto que significou un mundo para todas.

A segunda edición en 2018 con Cris Vilariño

A artista convidada para a segunda edición do proxecto foi Cris Vilariño, unha artista vinculada a danza e moi preocupada pola integración das ensinanzas de corpo no ámbito educativo máis académico, que xa tivera unha experiencia similar nun instituto anteriormente. Cris Vilariño contou ca asistencia de Ánxela Blanco (a artista convidada do ano anterior) para aproveitar a experiencia da segunda con este mesmo instituto.

O proceso volveu a articularse a través das asignaturas de Educación Física e Hábitos Saudables cunha aula de 1º da ESO do centro en colaboración coa súa profesora Conchi.  Neste vídeo podedes botarlle un ollo ao que contan as sas protagonistas:

bottom of page