PROGRAMACIÓN
E X P A N D I D A
> > >
TRC DANZA
PROXECTO DE APROXIMACIÓN ÁS ARTES DO MOVEMENTO > > > > > > > > > > > > >
> > > > > > TEATRO ROSALÍA DE CASTRO > > > >> > > > > > > > > > > > A CORUÑA
<Body on paper> é un proxecto de Manuel Rodríguez que reflexiona sobre o cambio constante, a necesidade de reinventarnos e adaptarnos con todo o que iso conleva. A delicadeza e a resistencia dos corpos nunha viaxe inestable e impredecible. Este proxecto tradúcese nun libro de fotografía, un solo de danza/performance e unha instalación para espazos expositivos.
En escena, un bailarín cunha linguaxe única, transitando por texturas e paisaxes fugaces. A iluminación, o son, os textiles e o corpo converxen nunha acción efímera que debuxa a fraxilidade e a fortaleza do vínculo que temos con nós memos e co entorno que nos rodea.
A idea de “Work in progress” sitúase como eixo transversal do proxecto, para acompañar a idea de cambio constante e para potenciar o valor do proceso como parte da creación e como suxeito de reflexión.
Manuel Rodríguez é un dos bailaríns españois con maior proxección internacional. Artista multidisciplinar que centra o seu traballo nas artes vivas e nas artes visuais, encadrando o seu traballo en teatros e en espazos non convencionais ou museos. Na súa traxectoria colabora con compañías como James Thierreé / Compagnie Du Hanneton, Carmen Werner / Provisional Danza, Sharon Fridman, Emmanuel Eggermond e Marcos Morau / La Veronal, traballo que combina coa súa compañía. Con números recoñecementos, Manuel Rodríguez conta cun movemento único, influenciado pola súa formación en danza clásica, contemporánea e danzas urbanas, estilos que se intúen na súa danza.

>>>>>>>>>> MANUEL RODRÍGUEZ >>>>>>>>>>> BODY ON PAPER
6
XUÑO
creación e interpretación >> MANUEL RODRÍGUEZ I deseño de vestiario >> TISCAR ESCAPADAS I música e visión externa >> PABLO ESBERT LILIENFELD I iluminación >> HORNE HORNEMAN I deseño gráfico / fotolibro >> SARA JASSIM I fotografía / fotolibro >> MANUEL RODRÍGUEZ I colaboradores >> AC/E ACCIÓN CULTURAL ESPAÑOLA, GRANER CENTRO DE CREACIÓN DE DANZA Y ARTES VIVAS, CENTRO DANZA CANAL, KYOTO ART CENTER & LAVANDERÍA A VAPORE
BODY ON PAPER
DOMINGO 6 DE DE XUÑO ÁS 20.30 H
NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
