A última peza da coreógrafa galega Nuria Sotelo parte da investigación da figura e obra da pintora surrealista Maruja Mallo como eixo do proceso creativo para <A gala>, unha peza para a que se rodea doutras artistas como as galegas Cris Vilariño, Andrea Quintana e Laura Iturralde ou a andaluza Rebeca Carrera.
Ao máis puro estilo da xeración do 27 <A gala> xira arredor dunha ficción de partida: o proceso de creación para coreografiar a entrega dos Premios Maruja Mallo que as intérpretes teñen entre mans. Ao mesmo tempo que se aborda o recoñecemento histórico á autora, a peza fai unha critica ás nosas propias figuras reivindicativas. Unha crítica á actual sociedade durmida na que a acción se revela como última opción.
Licenciada Sotelo suma con <A gala> unha nova creación a súa compañía, coa que leva traballando na búsqueda dunha linguaxe propia dende 2010 con colaboracións asiduas con outras artistas do territorio, como a dramaturga Ana Vallés, a cellista Macarena Montesinos a cantante Mouncoup ou as bailarinas Rut Balbís, Cris Vilariño ou Clara Ferrao.


>>>>>>>>>>>>> LICENCIADA SOTELO >>>>>> A GALA
+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA
SÁBADO 27 DE ABRIL ÁS 20.30 H NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
> Práctica de movemento "Maruja Mallo inspira"
o martes 23 de abril no conservatorio de danza
> Coloquio post-función coas integrantes da compañía
ao remate da función!
<Métanse nos seus asuntos> de LICENCIADA SOTELO (2010)
<Ensaio Amor> de LICENCIADA SOTELO (2016)
intérpretes >> REBECA CARRERA, NURIA SOTELO & CRIS VILARIÑO I creación >> REBECA CARRERA, ANDREA QUINTANA, NURIA SOTELO & CRIS VILARIÑO I dirección >> NURIA SOTELO I asistencia de dirección e dramaturxia >> ANDREA QUINTANA I deseño de iluminación >> LAURA ITURRALDE
colaboran >> AGADIC, CONCELLO DE ALLARIZ, CONCELLO DE OLEIROS, A CASA VELLA, SAUMEDE & TICS ESPAZO DE FORMACIÓN