top of page

<Happy Island> é froito do encontro de La Ribot coa compañía de danza inclusiva portuguesa Dançando com a diferença. Cinco bailaríns profesionais con discapacidade física e intelectual, entréganse en escena con total liberdade nesta oda á imaxinación, ao alborozo e á existencia nas súas formas máis variadas.

 

Apunta a escritora e crítica portuguesa Claudia Galhós que en <Happy Island> hai persoas que son lugares e lugares que son persoas, e nese encontro ou tensión entre ambos, xérase a ficción, o mito, a lenda. Sen renunciar á realidade. É nese encontro, nese acto de comuñón coa liberdade reivindicada, no que percibimos esa <Happy Island> que La Ribot creou cos bailaríns da compañía Dançando Com a Diferença. Dise que esta é unha compañía de danza inclusiva, na que a maioría dos bailaríns teñen síndrome de Down, pero… mirade máis atentamente. Este é un encontro de persoas e lugares específicos que continúa cunha liña de investigación na que recoñecemos á La Ribot, onde o profundamente humano desafía ao profundamente artístico, que se tocan na asombrosa intimidade do profundamente delirante. A illa e a persoa confúndense. Así como todas as fábulas que habitan dentro de ambas. E así, a fantasía e a realidade achéganse a un soño vivido e soñado. O que existe e o que se mostra en <Happy Island> é un testemuño de vida e de arte.

 

A cabalo entre Madrid e Suiza, La Ribot é unha das artistas españolas vinculadas á danza e a performance máis recoñecidas dentro e fóra das nosas fronteiras. Pola outra banda, o proxecto da compañía portuguesa Dançando com a Diferença, con sede en Madeira e dirixida por Henrique Amoedo , converteuse nos últimos 15 anos nunha auténtica referencia europea de arte inclusiva. Da colaboración entre ambas estruturas artísticas naceu <Happy Island> que xa puido verse en Portugal, Madrid e Suiza dende a súa estrea en 2018.

http://www.laribot.com/work/60

Happy_Island_2018_La_Ribot_Dançando_com_
Datas2019_TRC_web8.png

>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>> LA RIBOT >>>>>>>>>>> HAPPY ISLAND

+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA

> Próximamente máis información

SÁBADO 5 DE OUTUBRO ÁS 20.30 H

NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

> compra a túa entrada

dirección e coreografía >> LA RIBOT  I   bailaríns: BÁRBARA MATOS, JOANA CAETANO, MARÍA JOAO PEREIRA, SOFIA MAROTE & PEDRO ALEXANDRE SILVA  I  asistente de coreografía >> TELMO FERREIRA  I  realización da película >> RAQUEL FREIRE  I  iluminación e dirección técnica >> CRISTÓVAO CUNHA  I  vestiario >> LA RIBOT  I  colaboración artística e dirección de entrevistas >> JOSEP-MARÍA MARTIN  I  participantes nas entrevistas >> EMILIA MONTEIRO, MARÍA JOAO PEREIRA, BÁRBARA MATOS & JOSÉ FIGUEIRA  I  asistente de realización da película >> VALÉRIE MITTEAUX  I  montaxe >> RAQUEL FREIRE  I  cámara >> RAQUEL FREIRE & VALÉRIE MITTEAUX  I confección de vestiario >> LAURENCE DURIEUX & TERESA NEVES  I  bailarines da Compania Dançando com a Diferença na película >> ALÉXIS FERNANDES, BÁRBARA MATOS, BERNARDO GRAÇA, CRISTINA BAPTISTA, DIOGO FREITAS, FILIPA VIEIRA, ISABEL TEIXEIRA, JOANA CAETANO, JOSÉ FIGUEIRA, LÍGIA ROSA, MARÍA JOAO PEREIRA, NATÉRCIA KUPRIAN, NUNO BORBA, PEDRO ALEXANDRE SILVA, RUI JOAO COSTA, SARA REBOLO, SOFIA PIRES, SOFIA MAROTE, TELMO FERREIRA, TERESA MARTINS & VITTÓRIA VIANNA  I  músicas >> FRANCESCO TRISTANO, JEFF MILLS, ARCHIE SHEPP, OLIVER MENTAL GROUVE, ATOM TM, RAW C + PHARMAKUSTIK  I produción executiva >> HENRIQUE AMOEDO, DIOGO GONÇALVES & PAZ SANTA CECILIA  I  dirección artística de Dançando coa Diferença >> HENRIQUE AMOEDO

É unha coprodución de Dançando com a Diferença – Madeira ( o Funchal) e  La Ribot Cie – Ginebra. En coprodución con Le Grütli-Centre de Production & de Diffusion des Arts Vivants - Festival La Bâtie-Genève e o CND, Centre National de la Danse –Paris e “Conmemoraciones dos 600 anos do descubrimiento de Madeira e Porto Santo” - Portugal

Co apoio de: La Fondation Ernst Göhner, AC/E (Acción Cultural Española), NAVE (Chile).

Dançando com a Diferença é unha estructura financiada pola República Portuguesa / Direção Geral da Artes, Governo

VEN > 1 MARZO

VERTICALIA

> ALMA (NON É HIPPIE)

bottom of page