PROGRAMACIÓN
E X P A N D I D A
> > >
TRC DANZA
PROXECTO DE APROXIMACIÓN ÁS ARTES DO MOVEMENTO > > > > > > > > > > > > >
> > > > > > TEATRO ROSALÍA DE CASTRO > > > >> > > > > > > > > > > > A CORUÑA
<Mercedes máis eu> é un traballo de colaboración entre a artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón no que ambas exploran as relacións particulares que existen e se establecen entre “a súa danza e a súa música”. Entre instrumentos, recordos, cancións e bailes afloran conceptos, algúns deles de gran contido socio-político, outros, conceptos somáticos ou experiencias cuánticas que aparecen nos pulsos, os ritmos e os tons, nas voces e nas dinámicas, nos silencios, nas formas.
Para definir <Mercedes máis eu> é inevitable falar de desexo. Ese desexo que atopa razóns para proxectarse máis aló do primeiro encontro, e devir re-encontro, conversación, experiencia, afecto... <Mercedes mais eu> mira cara ao colectivo e faino dende perspectivas e sensibilidades nada arquetípicas. O traballo é ademais unha proposta sutil sobre o común sensible e unha aposta polo facer/saber artístico. A peza, en feminino, é un híbrido dancístico-musical infestado de imaxes evocadoras e seccionada por cadros, o que lle permite habitar en diferentes arquitecturas ou marcos, desde contextos máis escénicos a outros máis instalativos ou museísticos.
A enorme traxectoria de ambas as dúas artistas e a honestidade á que nos teñen acostumados nas súas creacións independentes como autoras anticipan a inmensa oportunidade que temos de velas xuntas en acción.


>>>>>>>>>>>>>>>>> JANET NOVÁS >>>>>>>> MERCEDES MÁIS EU
> Práctica de movemento "Corpo e voz"
o venres 10 de maio no escenario do teatro!
> Coloquio post-función coas integrantes da compañía
ao remate da función!
creación e interpretación >> MERCEDES PEÓN & JANET NOVÁS I dirección >> JANET NOVÁS I acompañamento artístico >> RICARDO SANTANA & PABLO ESBERT I composición musical, concepto e letras >> MERCEDES PEÓN I asistencia no movemento >> VICTORIA P. MIRANDA I deseño de iluminación >> CRISTINA BOLÍVAR I son >> EZEQUIEL OROL I produción e distribución >> ADRIANA REYES
coprodución >> COMUNIDAD DE MADRID
+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA
