
> CURADORÍA COLECTIVA
Para seguir alimentando a nosa querida programación expandida propoñemos unha experiencia de investigación e reflexión arredor da selección de artistas para o programa anual do TRC Danza. Un primeiro paso que avanza cara un horizonte no que os público(s) participan cada vez máis activamente do que acontece no noso teatro, un teatro que se abre á cidadanía un pouco máis cada ano.
En cada edición valoraremos algunhas pezas do territorio nacional que sobrevoan a posible programación que prepara o director do teatro, Paulo Rodríguez. A vontade é a de analizar, sopesar e fundamentar de xeito colectivo a selección dos traballos que formarán parte de cada programa anual nun exercicio de curadoría colectiva entre o público de danza do noso teatro e a comunidade artística local.