PROGRAMACIÓN
E X P A N D I D A
> > >
TRC DANZA
PROXECTO DE APROXIMACIÓN ÁS ARTES DO MOVEMENTO > > > > > > > > > > > > >
> > > > > > TEATRO ROSALÍA DE CASTRO > > > >> > > > > > > > > > > > A CORUÑA
<After the party> permítenos volver a ver a Thomas Noone sobre o escenario no que afirma será o seu último solo. Un espectáculo que se nutre da danza, do movemento, do texto e dos títeres, Thomas Noone conversa consigo mesmo nun diálogo intenso pero absurdo a un tempo.
<After the party> é un solo para dous, no cal o intérprete acompáñase dunha marioneta que personifica o seu alter ego. Sitúamonos no momento posterior a unha festa, o momento de revivir e reflexionar sobre un tempo pasado. O espectáculo transita entre as verdades, os soños e as mentiras, tentando diferenciar o que é relevante do que é insustancial.
Thomas Noone conta cunha importante traxectoria como coreógrafo e bailarín. Crea a súa propia compañía no ano 2001, desenvolvendo diversos traballos en colaboración con institucións como o Mercat de les Flors, o Festival Grec ou o Teatro Sat! de Barcelona, e xirando por España, Europa, Sudamérica, Corea do Sur ou Líbano. A nivel internacional traballa como coreográfo con compañías como para Ballet Bassel (Suiza), Norrdans (Suecia), Ballet du Rhin (Francia), Munster Tanzteater (Alemania), Ballet Nacional Chileno - BANCH (Chile) entre outras. Combina a súa actividade na compañía coa docencia e coa dirección artística do festival Dansat!.

>>>>>>>>>> THOMAS NOONE >>>>>>>>>> AFTHER THE PARTY
11
DEC
dirección, coreografía e interpretación >> THOMAS NOONE I axudante de dirección >> NÚRIA MARTÌNEZ & ALBA BARRAL | dramaturxia e asesoramento actoral >> MONTSE PUGA | asesoramento clown >> MARTÍ TORRAS | música >> JIM PINCHEN | deseño de iluminación >> JIMMY STROM | vestiario >> MARC UDINA | deseño e construcción de marioneta >> ANDRÉ MELO I coaching marioneta >> DUDA PAIVA I produción e comunicación >> SARA ESTERLLER | fotografía >> MANUEL PÉREZ, GERMÁN ANTÓN & YOANA MIGUEL | produce >> TND en colaboración con ICEC – GENERALITAT DE CATALUNYA & SAT! SANT ANDREU TEATRE
AFTER THE PARTY
SÁBADO 11 DE DECEMBRO ÁS 20.30 H
NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
PROGRAMACIÓN
EXPANDIDA
Proximamente
COLOQUIO
POST-FUNCIÓN
COS ARTISTAS
