PROGRAMACIÓN
E X P A N D I D A
> > >
TRC DANZA
PROXECTO DE APROXIMACIÓN ÁS ARTES DO MOVEMENTO > > > > > > > > > > > > >
> > > > > > TEATRO ROSALÍA DE CASTRO > > > >> > > > > > > > > > > > A CORUÑA
O coreógrafo israelí, Sharon Fridman, presenta <Dosis de paraíso>, a súa nova creación en co-produción co Auditorio de Tenerife. O espectáculo fai una forte aposta pola combinación da danza coas novas tecnoloxías, incorporando a iluminación, o audiovisual e o espazo sonoro, como parte imprescindible da dramaturxia.
<Dosis de paraíso> fala do amor entre dúas personas, da permanencia e da evolución das relacións humanas. O coreógrafo aposta pola repetición como recurso escénico, pola combinación do movemento coa iluminación e os medios audiovisuais para crear novos espazos subxectivos e emocionais que suxiran alteracións temporais.
Sharon Fridman desenvolve traballo de creación para a súa compañía e como coreógrafo convidado con outros colectivos. Todas as súas creacións traballan a base técnica INA, unha linguaxe corporal propia, centrada na relación entre a gravidade e o equilibrio.
Afincado en Madrid dende o ano 2006, Sharon Fridman conta cunha sólida e recoñecida traxectoria tanto a nivel nacional coma internacional, con numerosos galardóns como o premio Max a Mellor Espectáculo por Free Fall en 2015 e o premio Max a Mellor Coreografía por Erritu en 2019.

>>>>>>>>>>>>>> SHARON FRIDMAN >>>>>>>>>> DOSIS DE PARAÍSO
23
OCT
dirección e coreografía >> SHARON FRIDMAN I asistente de dramaturxia >> ANTONIO RAMÍREZ-STABIVO I intérpretes >> MELANIA OLCINA, ARTHUR BERNARD BAZIN / MAITE LARRAÑETA I música orixinal >> IDAN SHIMONI & OFER SMILANSKY I deseño de vestiario >> MIZO BY INBAL BEN ZAKEN I deseño de son >> IÑAKI RUIZ MAESO I co apoio de >> CONCELLO DE PINTO, AUDITORIO DE TENERIFE, COMUNIDAD DE MADRID, INAEM & BORA ART PROJECT SEOUL
DOSIS DE PARAÍSO
SÁBADO 23 DE OUTUBRO ÁS 20.30 H
NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
PROGRAMACIÓN
EXPANDIDA
Proximamente
COLOQUIO
POST-FUNCIÓN
COS ARTISTAS
