PROGRAMACIÓN
E X P A N D I D A
> > >
TRC DANZA
PROXECTO DE APROXIMACIÓN ÁS ARTES DO MOVEMENTO > > > > > > > > > > > > >
> > > > > > TEATRO ROSALÍA DE CASTRO > > > >> > > > > > > > > > > > A CORUÑA
As <Emigrantas> é unha danza sobre a última diáspora galega. Esther Latorre e David Loira bailan a experiencia emigrante da última xeración. Partimos dun dato contundente: na última década 47.105 persoas entre os 20 e os 39 anos abandonaron Galicia na procura de contextos laborais máis favorables.
Pensamos que a emigración atravesa tamén a nosa identidade actual e queremos bailala para comprendela. Imos bailar a emigración con estatísticas, poemas, tecela de vivencias, memorias e esperanzas cun obxectivo: coñecer o que sucede coa emigración galega do século XXI e si, esta vez, imos contar a última diáspora bailando.
Kirenia Danza é unha compañía galega de danza, fundada en 2019 por Kirenia Martínez Acosta, coreógrafa, bailarina e actriz, quen codirixe paralelamente a Cía. Entremáns desde 2006.
É unha compañía de creación artística contemporánea que crea, dirixe, distribúe e produce proxectos escénicos. Actualmente combina as creacións propias con encargos coreográficos, colaboracións teatrais e literarias, proxectos formativos e de cooperación europea con outras entidades no nivel internacional e desenvolve outras seis propostas coreográficas.

>>>>>>>>>>>>>> KIRENIA DANZA >>>>>>>>>>>>>>> EMIGRANTAS
18
SET
dirección e coreografía >> KIRENIA MARTÍNEZ I en escena >> DAVID LOIRA & ESTHER LATORRE I texto >> BRANCA NOVONEYRA I vestiario >> JANDRO VILLA I espazo sonoro >> BABYKATZE & BRUNO BAW I produción >> LUCILA CAMPOS I servizo técnico >> RTA (DIEGO VILAR) I deseño gráfico >> NICO ALVARELLOS I fotografía >> BRUNO BAW
EMIGRANTAS
SÁBADO 18 DE SETEMBRO ÁS 20.30 H
NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
PROGRAMACIÓN
EXPANDIDA
Proximamente
