Con todxs nós:
un corpo en rebelión,
atravesado,
sublevado,
a bailarina non-normativa,
a bailarina faquir,
a taumaturga,
a subalterna.
Andrea Quintana, a bailarina que nunca quixo ser Giselle, presenta dende un corpo pouco normativo, a beleza máis pura da danza en escena. Unha reinvidicación da danza como linguaxe universal. A danza contaxiosa e invasiva. <O raro é que bailar sexa raro> é unha autobiografía compartida, asinada por todos os corpos que están en loita. Isto vai de bailar bailando.
O colectivo artístico Vacaburra é a nova plataforma de creación e investigación de Gena Baamonde e Andrea Quintana, dúas mulleres galegas con ampla traxectoria no sector das artes vivas. Un espazo de reflexión e búsqueda, no que traballan dende unha ollada transfeminista dentro das artes escénicas.

>>>>>> COLECTIVO VACABURRA >>>>> O RARO É QUE BAILAR SEXA RARO
5
XUÑO