Neste laboratorio artístico o traballo de investigación dos coreógrafos Auguste Ouédraogo e Bienvenue Bazié é interdisciplinar e diríxese á sensibilización de públicos en Burkina Faso e Francia.
PerformerS é un marco, un momento no que a exploración da materia compromete ao corpo en todas as súas formas de expresión e improvisación. O artista enfróntase a si mesmo na procura da materia inédita, déixase levar pola audición dunha música, dunha frase, ou pola sensación dunha emoción.
En escena os propios coreógrafos como intérpretes, a música de Wendlavim Zabsonre e a técnica de Fabrice Barbotin para unha función que se enmarca dentro do proxecto HARMATÁN (Festival Nómada de Cultura Africana), un festival que recala na Coruña cunha mostra do seu teatro, danza, cinema e pensamento. A nosa é unha das tres cidades do estado no que se poderá disfrutar deste festival xunto con Murcia e Móstoles.
A idea orixinal deste festival itinerante é da produtora canaria Unahoramenos e a idea nace ao abeiro da celebración do encontro cultural MAPAS 2017.


>>>>>>>> COMPAGNIE AUGUSTE-BIENVENUE >>>>>> PERFORMERS
+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA
> Coloquio post-función cos integrantes da compañía
ao remate da función!
DOMINGO 31 DE MARZO ÁS 20.30 H NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
coreografía >> AUGUSTE QUÉDRAOGO & BIENVENUE BAZIÉ I intérpretes >> AUGUSTE QUÉDRAOGO & BIENVENUE BAZIÉ I música >> WENDLAVIM ZABSONRE I técnica >> FABRICE BARBOTIN