PROGRAMACIÓN
E X P A N D I D A
> > >
TRC DANZA
PROXECTO DE APROXIMACIÓN ÁS ARTES DO MOVEMENTO > > > > > > > > > > > > >
> > > > > > TEATRO ROSALÍA DE CASTRO > > > >> > > > > > > > > > > > A CORUÑA
A continuidade como temática, <El resistente y delicado hilo musical> é un espectáculo que comeza coma un latido que non deixa de latexar ata que se apagan os focos. Esta peza de Amalia Fernández fusiona todos os oficios que ela desexaría ser: cantante, científica, estilista, mística, matemática e, finalmente, espectadora.
A bailarina e creadora Amalia Fernández, presenta un traballo fiado por unha linguaxe universal que consegue romper a barreira coa audiencia e facelos partícipes desta dinámica experiencia. Con cinco intérpretes sobre o escenario, o fío musical é contínuo, transita por partituras de movemento corais, perfomativas e teatrais con coreografías extremadamente precisas que compoñen un fío musical que podería ser eterno.
Amalia Fernández é artista escénica, profesora e intérprete. Desenvolve gran parte da súa traxectoria profesional coa Cia. El Bailadero-Mónica Valenciano, formando parte da compañía durante 10 anos. En 2005 decide formar a súa propia compañía dende a que crear espectáculos baixo a súa visión propia. Tamén colabora con outros artistas e compañías na figura de intérprete, coach ou coreógrafa. Combina o seu traballo creativo coa docencia en diversas institucións.

>>>> AMALIA FERNÁNDEZ >>> EL RESISTENTE Y DELICADO HILO MUSICAL
11
XUÑO
concepto e dirección >> AMALIA FERNÁNDEZ I intérpretes >> CATHERINE SARDELLA, PABLO HERRANZ, ÓSCAR BUENO, ANTO RODRÍGUEZ & AMALIA FERNÁNDEZ I vestiario e elementos escenográficos >> GRUPO DE WHATSAPP DE INTERCAMBIO DE NECESIDADES DEL PUEBLO ZARZALEJO (MADRID)
EL RESISTENTE Y DELICADO HILO MUSICAL
VENRES 11 DE XUÑO ÁS 20.30 H
NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
