> QUE FACEMOS NAS ACCIÓNS EXPANDIDAS?
As accións expandidas son toda unha serie de prácticas que construimos cos artistas convidados ao programa, os espazos, as comunidades e as persoas colaboradoras da cidade para acompañar cada unha das funcións do programa.
Expandirse fóra do teatro, atopar dentro das claves do traballo do artista convidado os posibles modos de vincularse coas diferentes comunidades locais, co ánimo de potenciar outros modos de ver e entender todo o que compón a obra do artista, o que, a miúdo, queda fóra do espazo de exhibición.
Dende o ano 2014 achegámonos a diferentes comunidades da cidade a través de diferentes espazos como o Centro Galego das Artes da Imaxe, o Instituto de Bacharelato Artístico do barrio de Adormideras, a Escola de Artes Pablo Picasso, o Centro Ágora, o Conservatorio Profesional de Danza, a Facultade de Educación Social, a Universidade Senior ou a Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, por pór algúns dos primeiros exemplos.
Na seguinte ligazón podedes ollar o mapa de colaboracións que estivemos tecendo nos primeiros cinco anos de proxecto.
> HISTÓRICO ACCIÓNS EXPANDIDAS 2014-2020