top of page

PROGRAMA ACCIÓNS EXPANDIDAS 2019

MÉR / 13 MARZO

ESCULTURAS EFÉMERAS. UNHA PRÁCTICA DE BODY-ART E MOVEMENTO CON PAULA QUINTAS.

ESCOLA DE ARTES E SUPERIOR DE DESEÑO PABLO PICASSO.

MAR / 23 ABRIL

MARUJA MALLO INSPIRA. UNHA PRÁCTICA DE MOVEMENTO CON CRIS VILARIÑO E REBECA CARRERA.

CONSERVATORIO DE DANZA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

VEN / 10 MAIO

CORPO E VOZ. UNHA PRÁCTICA DE MOVEMENTO CON JANET NOVÁS.

ESCENARIO DO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO.

SÁB / 11 MAIO

BAILE TRADICIONAL E CONTEMPORANEIDADE. UNHA PRÁCTICA DE MOVEMENTO CON FRAN SIEIRA.

CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO.

MER / 23 OUTUBRO

DE RODILLAS CORAZÓN. UN DOCUMENTAL DE SUSANNA BARRANCO SOBRE SOL PICÓ.

BAIXO CUBERTA DO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO.

XOV / 24 OUTUBRO

ENERXÍA E POTENCIA. UNHA PRÁCTICA DE MOVEMENTO CON SOL PICÓ.

CONSERVATORIO DE DANZA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

MÉR / 30 OUTUBRO

A NON RESISTENCIA. UNHA PRÁCTICA DE MOVEMENTO CON MÓNICA GARCÍA.

ESCOLA MUNICIPAL DE DANZA DE OLEIROS.

DO 1 AO 30 DE NOVEMBRO

CONVOCATORIA "DEBUXA CO CORPO"

ESCOLA DE ARTES E SUPERIOR DE DESEÑO PABLO PICASSO.

DO 13 AO 20 DE NOVEMBRO

EXERCICIO DE CURADORÍA COLECTIVA "QUE QUEREMOS ACOLLER NO NOSO TEATRO EN 2020?"

BAIXO CUBERTA DO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO.

MAR / 3 DE DECEMBRO

DANZA EN FAMILIA. UNHA PRÁCTICA DE MOVEMENTO PARA FAMILIARES  DO ALUMNADO CON RUT BALBÍS.

CONSERVATORIO DE DANZA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

MÉR / 4 DE DECEMBRO

CORPO E DESEÑO. UNHA PRÁCTICA DE MOVEMENTO E ANÁLISE CON OSA + MUJIKA.

ESCENARIO DO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO.

SÁB / 21 DE DECEMBRO

ILUSTRACIÓN E MOVEMENTO.UNHA SESIÓN DE DEBUXO COA COMPAÑÍA KOR'SIA.

ESCENARIO DO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO.

SÁB / 21 DE DECEMBRO

KOR'SIA DENDE DENTRO. UNHA COLABORACIÓN EN ESCENA COA COMPAÑÍA KOR'SIA.

ESCENARIO DO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO.

AE1_PaulaQuintas_PabloPicasso_REDES.png

A partir do proceso de investigación de <Plastic> da artista Paula Quintas nos achegamos ao alumnado do Ciclo de Escultura aplicada ao Espectáculo da Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso para levar a cabo unha práctica arredor dos conceptos de escultura efémera e body-art vinculados ás artes do movemento.

 

Paula Quintas, bailarina, alambrista circense, coreógrafa visual e Licenciada en Historia da Arte, propón nesta práctica dinámicas de diálogo entre a danza e a escultura, facendo unha retrospectiva do body-art a través de artistas de referencia como Orlan, Pipilotti Rist ou Gina Pane.

> mércores 13 de marzo de 17 a 19 horas na Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso.

> unha actividade dirixida ao alumnado da materia de Volume do Ciclo de Escultura aplicada ao Espectáculo.

AE1_Paula
AE3_LicenciadaSotelo_REDES.png

Cristina Vilariño e Rebeca Carrera forman parte da equipa artística coa que Licenciada Sotelo levou a cabo a súa última creación <A gala> na que investigaron a figura e a obra da pintora surrelista galega Maruja Mallo.

A partir deste proceso, ambas bailarinas achegan nesta práctica distintas aproximacións ao movemento inspiradas tanto na figura da autora como nos materiais que vertebran a peza de Licenciada Sotelo. 

> martes 23 de abril de 19 a 21 horas no Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña.

> unha actividade dirixida tanto ao alumnado do centro como a personas externas interesadas previa inscrición en trcdanza@gmail.com

AE2_LicenciadaSotelo
AE3_JanetNovas
AE3_JanetNovas_Escenario.png

Arredor da peza “Mercedes mais eu” e da constante relación coa música e a voz da súa creadora Janet Novás, abrimos esta práctica para compartir como afectan e transforman ao corpo as cuestións sonoras.

 

Interesada na exploración de texturas e da súa tradución en enerxía, vibración e imaxes, a creadora propón un traballo de xogos sonoros dende o movemento, utilizando a voz como o canal que nos conecta co sensible e que desvela a memoria que conteñen os nosos corpos.

> venres 10 de maio de 19 a 21 horas no escenario do Teatro Rosalía de Castro.

> unha actividade aberta a persoas interesadas no traballo de corpo e de voz, previa inscrición en trcdanza@gmail.com

AE4_FranSieira_CCG_REDES.png

Atopar no baile tradicional galego unha vena máis contemporánea é o que propón con esta práctica o coreógrafo Fran Sieira quen, a través das ferramentas do noso folclore, conduce esta sesión na que fai uso dunha danza gremial galega como caso práctico.

As persoas participantes na práctica teñen a opción de participar nunha escena participativa da peza <Entresoños> que a compañía presenta no noso teatro o xoves 16 de maio ás 20.30 h.

> sábado 11 de maio de 17 a 19 horas na sede do Centro Coreógrafico Galego (Complexo deportivo de Elviña)


> unha actividade en colaboración con Donaire e aberta a todas as persoas interesadas previa inscrición en trcdanza@gmail.com

AE4_FranSieira
Captura de pantalla 2019-10-22 a la(s) 1

Dentro do Taller de Público(s) programamos o visionado do documental "De rodillas corazón" que Susanna Barranco estreou en 2018 no Warsaw International Film Festival. 

A peza –coproducida por Televisió de Catalunya e À punt Mèdia– retrata a figura de Sol Picó no seu perfil de coreógrafa facendo un percorrido pola traxectoria da artista ao mesmo tempo que nola achega no seu día a día detrás do escenario.

> mércores 23 de outubro de 19 a 21 horas no baixo cuberta do Teatro Rosalía de Castro.

> unha actividade gratuíta e aberta a todas as persoas interesadas previa inscrición en trcdanza@gmail.com

AE_DocumentalSolPico
AE_SolPico_REDES.png

O traballo de movemento de Sol Picó procura potenciar ao máximo as capacidades do corpo a través de distintas técnicas que a coreógrafa recolleu na súa longa experiencia como bailarina e creadora na compañía que dirixe dende fai máis de 25 anos en Barcelona.

 

Traballar a potencia de despegue do chan, a respiración fortalecedora do Txi Kung, a relación entre dentro e fóra, a improvisación ou a composición son algúns dos eixos transversais desta práctica na que nos achegaremos a esta coreógrafa que foi merecedora no ano 2016 do Premio Nacional de Danza.

> xoves 24 de outubro de 19 a 21 horas no Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña.

> unha actividade dirixida tanto ao alumnado do centro como a personas externas interesadas previa inscrición en trcdanza@gmail.com

AE_SolPico
Captura de pantalla 2019-10-18 a la(s) 1

A intención de Mónica García en cada unhas das súas aulas é sempre a de compartir un modo de entender a danza; un encontro do corpo que na práctica amplía as súas posibilidades de acción e o seu rango de movemento. O estado de dispoñibilidade permanente é algo que lle interesa especialmente, onde non hai nada que conclúa, nada que nos instale; non hai un sitio específico ao que chegar. Favorecer a non-resistencia, deixarte atravesar e ampliar a percepción ampliada do entorno son varias das chaves da súa práctica; unha re-articulación permanente.

> mércores 30 de outubro de 19 a 21 horas na Escola Municipal de Danza de Oleiros.

> unha actividade dirixida tanto ao alumnado do centro como a personas externas interesadas previa inscrición en trcdanza@gmail.com

AE_MonicaGarcia
ConvocatoriaPabloPicasso.png

Lanzamos, por primeira vez, unha convocatoria dirixida ao alumnado de Ilustración da Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso para a elaboración dunha obra que acompañe o noso proxecto “Comunidades en Movemento 19”.

Cremos firmemente que o diálogo entre danza e ilustración é sempre inspirador e por iso esta convocatoria incide de xeito especial en que o corpo e o movemento afecten de xeito protagonista o proceso de elaboración das propostas presentadas.

Entregaráse unha cantidade de 200 € á autora ou autor da obra seleccionada, en concepto de dereito de uso da ilustración elexida.

> convocatoria aberta do 1 ao 30 de novembro

> PDF CONVOCATORIA

ConvocatoriaPicasso
Captura de pantalla 2019-11-30 a la(s) 1

Para seguir alimentando a nosa querida programación expandida propoñemos unha experiencia de investigación e reflexión arredor da selección de artistas para o programa 2020. Un primeiro paso que avanza cara un horizonte no que os público(s) participan cada vez máis activamente do que acontece no noso teatro, un teatro que se abre á cidadanía un pouco máis cada ano.

Nesta primeira parada valoraremos algunhas pezas do territorio nacional que sobrevoan a posible programación que prepara o director do teatro, Paulo Rodríguez. A vontade é a de analizar, sopesar e fundamentar de xeito colectivo a selección dos traballos que formarán parte do programa 2020 nun exercicio de curadoría colectiva entre o público de danza do noso teatro e a comunidade artística local.

> 13, 16 e 20 de novembro no baixo cuberta do Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

QueQueremosAcollr
Captura de pantalla 2019-11-30 a la(s) 1

A nosa cita anual coas familias e o alumnado do Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña conta neste ano con Rut Balbís como profesora convidada.

 

Esta actividade está pensada para que as persoas máis achegadas ás alumnas e alumnos do centro se acheguen á danza da forma máis natural, bailando. Se cada día o que fas é despedirte na porta da conservatorio, nesta ocasión o convite é a pousar o teu abrigo na entrada e mergullarte nunha práctica de movemento para familiares e alumnado que promete non deixar indiferente a ninguén. Unha experiencia conxunta para vivir e sentir a danza en familia.

 

> martes 3 de decembro 20 a 21.30 horas no Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña.

> unha actividade dirixida a familiares e alumnado do centro.

Danza en familia
ComunidadesMovemento_2019_Plantilla15.pn

O traballo plástico de Osa + Mujika –o tandem formado polo bailarín Jaiotz Oza e o escenógrafo e deseñador de vestiario Xabier Mujika– desenvólvese a partir do diálogo entre movemento e deseño visual cun coidado acento no uso da cor.

 

Esta práctica, incluída dentro do Taller de Público(s), serviranos para achegarnos ao seu universo creativo, combinando unha parte de análise e outra de movemento.


 

> mércores 4 de decembro de 19 a 21 horas no escenario do Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

> unha actividade con carácter gratuíto dirixida a todas as persoas interesadas, previa inscrición en trcdanza@gmail.com

Corpo e Deseño
Captura de pantalla 2019-12-14 a la(s) 1

Esta práctica, tecida en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, abre as portas do ensaio da compañía de danza Kor’sia no escenario do noso teatro para recibir á comunidade de artistas da ilustración.

 

Con gallo de seguir afianzando pontes entre a danza a as distintas comunidades creativas da nosa contorna, esta sesión de debuxo terá como protagonistas ao bailaríns e bailarinas da peza The Lamb horas antes da entrada do público.

> sábado 21 de decembro de 18 a 19.30 horas no escenario do Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

> unha actividade dirixida a ilustradores/as, animadores/as, debuxantes de comic e estudantes. Ten carácter gratuíto e as prazas están limitadas por orde de inscrición a través do seguinte formulario:

https://forms.gle/eRxzwXAzdjVR9Hws9

Ilustracion e movemento
Captura de pantalla 2019-12-14 a la(s) 1

Abrimos esta convocatoria para atopar a tres persoas ás que lles apeteza subir ao escenario coa compañía Kor’sia no seu paso pola nosa cidade. The Lamb require da colaboración de tres estudantes de danza que vivirán dende dentro os detalles da posta en escena na función que pecha o programa 2019.

 

As persoas colaboradoras haberían de ser estudantes de danza da cidade, de xénero feminino, maiores de idade e terían que estar dispoñibles para achegarse ao teatro dende ás 14 horas do sábado 21 de decembro de cara a función que comeza ás 20.30 horas.

 

Anímate a despedir o ano bailando nun contexto profesional que de seguro resultará ben inspirador para o ano que logo comeza.

 

> sábado 21 de decembro dende ás 14 horas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

 

> se estás interesada escríbenos a trcdanza@gmail.com

Korsia dende dentro
bottom of page